Saltar ao contido

Salvia officinalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salvia officinalis, comunmente chamada sarxa, xarxa ou salvia[1], é unha especie herbácea pertencente á familia das lamiáceas. É nativa da rexión mediterránea, aínda que se naturalizou en moitos lugares do mundo. Ten unha longa tradición tanto de usos medicinais como culinarios e durante os últimos tempos utilízase tamén como ornamental.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha planta perenne aromática de até 70 cm de altura. Talos erectos e pubescentes. Follas pecioladas, oblongas e ovais, máis raramente lanceoladas, coa nervadura ben marcada. Flores branco-violáceas en acios, con corola de até 3 cm, cun labio superior case recto; o cáliz é máis pequeno que a corola con tonalidades púrpureas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Salvia officinalis foi descrita por Carl Linnaeus en 1753. Foi cultivada durante séculos no Vello Mundo polas súas propiedades culinarias e medicinais e moitas veces foi descrita con propiedades curativas milagrosas[2] O epíteto específico officinalis, refírese ao uso medicinal, officina, a cal foi unha herba tradicional en expendios medievais dos mosteiros[3] S. officinalis foi clasificada con varias denominacións taxonómicas[4]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Encóntrase na Europa mediterránea, en sitios rochosos e herbeiros secos, desde o nivel do mar até zonas montañosas. Ten preferencia polos terreos pouco produtivos e pouco fértiles. En España predomina a variedade lavandulifolia.

A maioría deles son cultivados máis frecuentemente como ornamentais que polas súas propiedades herbais, como pequenos arbustos, especialmente en lugares excesivamente soleados. Propáganse facilmente de póla durante a estación cálida.

  • "Purpurascens", cultivar de follas púrpura, considerado como o máis forte das Salvia.
  • "Tricolor", cultivar con follas variegadas branco, amarelo e verde.
  • "Berggarten", cultivar con follas alongadas.
  • "Icterina", cultivar con follas variegadas amarelo verdosas.
  • "Alba", cultivar de flores brancas.
  • "Lavandulaefolia", cultivar de follas pequenas.

Un dito medieval é: "Cur moriatur homo cui Salvia crescit in horto?" ("Por que ha morrer un home mentres medra a xarxa no seu xardín?").

Número de cromosomas de Salvia officinalis (Fam. Labiatae) e taxóns infraespecíficos.[5] 2n=14.[6]

Unha planta de salvia officinalis en testo
Follas
Sementes

subsp. gallica (W.Lippert) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 (2004). Desde Alemaña até o norte de España

  • Salvia lavandulifolia subsp. gallica W.Lippert, Mitt. Bot. Staatssamml. München 15: 416 (1979).

subsp. lavandulifolia (Vahl) Gams in Hegi, Ill. Fl. Mitt.-Eur. 5(4): 2482 (1927). Do leste e centro de España

  • Salvia lavandulifolia Vahl, Enum. Pl. 1: 222 1804
  • Salvia hispanorum Lag., Gen. Sp. Pl.: 1 1816
  • Salvia tenuior Desf. ex Roem. & Schult., Syst. Veg. 1: 200 1817
  • Salvia rosmarinifolia G.Don in Sweet, Hort. Brit., ed. 3: 532 1839
  • Salvia approximata Pau, Not. Bot. Fl. Españ. 1: 7 1887
  • Salvia lavandulifolia subsp. pyrenaeorum W.Lippert, Mitt. Bot. Staatssamml. München 15: 419 1979
  • Salvia lavandulifolia subsp. approximata (Pau) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 43: 178 1986
  • Salvia lavandulifolia var. adenostachys (O.Bolòs & Vigo) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987
  • Salvia lavandulifolia var. trichostachya (Font Quer ex O.Bolòs & Vigo) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987
  • Salvia lavandulifolia var. approximata (Pau) Figuerola, Stübing & Peris, Folia Bot. Misc. 7: 86 1990
  • Salvia lavandulifolia var. pyrenaeorum (W.Lippert) Figuerola, Stübing & Peris, Folia Bot. Misc. 7: 86 1990

subsp. multiflora Gajic, Glasn. Prir. Muz. Beogradu, C 7: 49 1973. Península Balcánica

subsp. officinalis. De Italia e Península Balcánica.

  • Salvia cretica L., Sp. Pl.: 23 (1753)
  • Salvia hispanica Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 510 b 1764, opus utique oppr.
  • Salvia minor Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 511 a 1764, opus utique oppr.
  • Salvia digyna Stokes, Bot. Mat. Med. 1: 58 1812
  • Salvia chromatica Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult.: 194 1824
  • Salvia grandiflora Ten., Fl. Neapol. Prodr. App. 5: 3 1826, nom. illeg.
  • Salvia papillosa Hoffmanns., Verz. Pfl.-Kult., Nachtr. 3: 58 1828
  • Oboskon cretica (L.) Raf., Fl. Tellur. 3: 93 1837
  • Salvia clusii Vilm., Fl. Pleine Terre: 773 1863
  • Salvia tricolor Vilm., Fl. Pleine Terre: 773 1863

subsp. oxyodon (Webb & Heldr.) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 2004. Del sudeste de España

  • Salvia oxyodon Webb & Heldr., Cat. Pl. Hispan.: 309 1850
  • Salvia lavandulifolia subsp. oxyodon (Webb & Heldr.) Rivas Goday & Rivas Mart., Anales Inst. Bot. Cavanilles 25: 170 1967
  • Salvia lavandulifolia var. lagascana Webb, Iter Hispan.: 19 1838
  • Salvia lavandulifolia var. spicata Willk. in M.Willkomm & J.M.C.Lange, Prodr. Fl. Hispan. 2: 421 1870
  • Salvia aucheri var. aurasiaca Maire, Bull. Soc. Hist. Nat. Afrique N. 20: 196 1929
  • Salvia lavandulifolia var. aurasiaca (Maire) Rosua & Blanca, Acta Bot. Malac. 11: 259 1986
  • Salvia blancoana var. aurasiaca (Maire) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987
  • Salvia blancoana var. lagascana (Webb) Figuerola, Anales Jard. Bot. Madrid 44: 174 1987[7]

Principios activos

[editar | editar a fonte]

Contén aceites esenciais, flavonoides e principios amargos.

Medicinais

[editar | editar a fonte]

Ten moitas propiedades medicinais como antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, adstrinxente e antiséptica. Por iso é cultivada como planta medicinal.

Culinarios

[editar | editar a fonte]
Detalle flores.

Como condimento ten un sabor lixeiramente picante. Na cociña occidental, úsase para condimentar carnes graxas (especialmente as marinadas), queixos, e algunhas bebidas.

  • Galego: salva, sargha, sarxa, xarxa.[6]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salvia.
  2. Clebsch, Betsy; Carol D. Barner (2003). The New Book of Salvias. Timber Press. p. 216. ISBN 9780881925609. 
  3. Stearn, William T. (2004). Botanical Latin. Timber Press (OR). p. 456. ISBN 0-88192-627-2. 
  4. Sutton, John (2004). The Gardener's Guide to Growing Salvias. Workman Publishing Company. p. 17. ISBN 9780881926712. 
  5. Salvia officinalis L. Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  6. 6,0 6,1 "Salvia officinalis". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 14 de abril de 2010. 
  7. "Salvia officinalis". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]