Saltar ao contido

STS-94

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-94
Lanzamento da misión STS-94.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento1 de xullo de 1997, 18:02 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,70 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1, repetición da misión STS-83.[3][6]
Regreso17 de xullo de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-032A

STS-94 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 1 de xullo de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-94, con sete astronautas (James D. Halsell, Susan Kilrain, Janice E. Voss, Donald A. Thomas, Michael L. Gernhardt, Roger Crouch e Gregory T. Linteris) a bordo, foi unha repetición da misión STS-83 e a primeira misión en ser revoada con exactamente o mesmo vehículo, tripulación e obxectivos. A STS-83 veu acurtada a súa estancia en órbita por fallo dunha das células de combustible que proporcionaban enerxía ao transbordador. Na STS-94 se conseguiron tódolos obxectivos, facéndose experimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1, albergado dentro dun módulo Spacelab europeo na bodega de carga do transbordador.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 17 de xullo de 1997.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 94" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 3. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 94" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-94 - MSL-1R" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-94" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-94" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]