STS-83
STS-83 | |
---|---|
A misión STS-83 antes de partir. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 4 de abril de 1997, 19:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 3,97 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1.[3][6] |
Regreso | 8 de abril de 1997[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1997-013A |
STS-83 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 4 de abril de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-83, con sete astronautas (James D. Halsell, Susan Kilrain, Janice E. Voss, Donald A. Thomas, Michael L. Gernhardt, Roger Crouch e Gregory T. Linteris) a bordo, foi lanzada para facer experimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1, albergado dentro dun módulo Spacelab europeo na bodega de carga do transbordador. Debido a un problema cunha das células de combustible do Columbia das tres que usaba para proporcionar enerxía, a misión viuse acurtada. A pesar do problema na célula de combustible a tripulación puido facer algún experimento no MSL-1.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 8 de abril de 1997. O Columbia volvería a voar máis tarde por primeira vez con exactamente a mesma tripulación e os mesmos obxectivos na misión STS-94.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 83" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 December 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-50276(E)). 19 de xaneiro de 1998: 21. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 83" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-83 - MSL-1" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-83" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ NASA (23 de novembro de 2007). "STS-83" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-83 |