Revoltas de Palestina de 1929
Os Disturbios Palestinos de 1929 (tamén coñecidos como a Sublevación do Muro das Lamentacións ou Sublevación de Buraq) fan referencia á serie de manifestacións e disturbios que aconteceron a finais de agosto de 1929 cando unha prolongada disputa entre musulmáns e xudeus polo acceso ao Muro das Lamentacións en Xerusalén desembocou en actos violentos. Durante a semana dos disturbios, 116 árabes e 113 xudeus foron asasinados e 339 resultaron feridos.
O Mufti ordenou abrir o extremo sur da rúa que cruzaba o Muro. A antiga rúa sen saída converteuse nun paso que ía desde o Monte do Templo ata dentro da área de oración do Muro. Os mulas pasaban por esa rúa estreita, a miúdo tirando excrementos. Isto, xunto con outros proxectos de construción na zona, e o acceso restrinxido ao Muro, provocou a protesta dos xudeus ante os británicos, que permaneceron indiferentes.
O 14 de agosto de 1929, logo dos ataques a xudeus que rezaban no Muro, 6000 xudeus[1] manifestáronse en Tel Aviv gritando "O Muro é noso". Ao día seguinte, 300 mozos izaron a bandeira e cantaron o himno sionista fronte ao Muro. Un día despois, o 16 de agosto, unha multitude de 2000 musulmáns baixou ao Muro das Lamentacións esnaquizando obxectos litúrxicos, queimando libros de oración e notas de súplica. A revolta estendeuse cara a zona comercial xudía e provocou poucos días máis tarde a infame Matanza de Hebron.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Horne, Edward (1982) "A Job Well Done. A History of the Palestine Police Force. 1920 - 1948". Anchor Press. ISBN 978-1857767582. Page 132. "The principle inflammatory organ of the day."
- ↑ Jerold S. Auerbach (2009). Hebron Jews: Memory and Conflict in the Land of Israel. Rowman & Littlefield.