(esquerda) Un fogar en Gaza bombardeado por Israel (dereita) Un lanzamísiles da Cúpula de Ferro intercepta foguetes de Gaza en Israel central (8 de xullo)
A Operación Marxe Protectora (en hebreo: מִבְצָע צוּק אֵיתָן, Mivtza' Tzuk Eitan) e ás veces tamén coñecida como guerra de Gaza de 2014,[15][16][17] foi unha operación militar lanzada por Israel o 8 de xullo de 2014 na Franxa de Gaza controlada por Hamas. Despois do secuestro e asasinato de tres adolescentes israelís por membros de Hamas, as Forzas de Defensa de Israel levaron a cabo Operación Gardián do Irmán para deter os líderes militantes, e Hamas lanzou foguetes cara a Israel comezando un conflito de sete semanas. Foi un dos conflitos entre Palestina e Israel con maior número de mortos en décadas. A combinación de ataques aéreos e bombardeos terrestres israelís e os foguetes palestinos provocaron milleiros de mortes, a gran maioría delas entre os palestinos de Gaza.[18]
A operación israelí foi deseñada para deter o lanzamento de foguetes dende Gaza a Israel, o cal se incrementou despois dunha ofensiva israelí contra Hamas en Cisxordania por mor do secuestro a asasinato de tres adolescentes o 12 de xuño a mans de dous membros de Hamas.[19][20][21] Pola contra, os obxectivos de Hamas eran facer presión internacionalmente que obrigase a Israel a erguer o bloqueo da Franxa de Gaza, rematar coa ofensiva de Israel, obtén un terceiro implicado para controlar e garantir o cumprimento dun cesamento do fogo,[22] a liberación dos prisioneiros palestinos e superar o illamento político.[23] De acordo coa BBC, en resposta ó lanzamento de foguetes dende a Franxa de Gaza, Israel lanzou ataques aéreos sobre Gaza.[24]
↑Cease fire in Operation "Protective Edge" is holding MDA sums up 50 days of saving livesArquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine., Magen David Adom, 29 de agosto de 2014: 'Durante os 50 días da Operación "Marxe Protectora", os equipos da MDA trataron a 842 civís, entre eles 6 mortos por metralla de foguetes, e outros 36 que resultaron feridos por metralla en diversos graos, incluíndo: 10 vítimas en estado grave, 6 en estado moderado e 20 que resultaron feridos leves. Ademais, os equipos da MDA tamén trataron durante a Operación "Marxe Protectora" 33 persoas que resultaron feridas por cristais rotos e restos de construción, 18 que resultaron feridas en accidentes de tráfico ocorridos ao escoitarse as sirenas, entre elas 1 persoa en estado grave, e o resto ferido leve ou moderado. 159 persoas resultaron feridas como consecuencia de caídas e traumatismos no camiño dos albergues e 581 persoas sufriron ataques de ansiedade'.