Randstad
O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, á súa vez unha das maiores de Europa.
Hai que distinguir entre a rexión metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).
Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.
Xeografía do Randstad
[editar | editar a fonte]O Randstad está formado por unha cadea de cidades e aglomeracións urbanas que se estende polo oeste dos Países Baixos dende o centro xeográfico até a costa do Mar do Norte. A cadea forma unha especie de anel, en cuxo centro se sitúa a área relativamente despoboada e rural coñecida localmente como "Corazón Verde" (en neerlandés Groene Hart).
Dita conurbación inclúe as cidades principais de Almere, Amersfoort, Ámsterdan, Delft, Dordrecht, Gouda, Haarlem, Leiden, Rotterdam, A Haia, Utrecht e Zoetermeer, e as cidades e pobos secundarios de Alphen aan dean Rijn, Amstelveen, Capelle aan dean Ijssel, Hoofddorp, Leidschendam, Nieuwegein, Purmerend, Rijswijk, Schiedam, Spijkenisse, Vlaardingen, Voorburg e Zaanstad.
O Randstad divídese en dúas áreas principais:
- O "á norte" (en neerlandés Noordvleugel) inclúe a área metropolitana de Ámsterdan. Algúns especialistas inclúen tamén a área metropolitana de Utrecht.
- O "á sur" (en neerlandés Zuidvleugel) inclúe a área metropolitana de Rotterdam.
O conflito entre grandes e pequenas cidades do Randstad
[editar | editar a fonte]As cidades maiores do Randstad (Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht) son os centros comerciais, administrativos, de infraestruturas, económicos e de lecer do Randstad, mentres que as poboacións menores adoitan ser cidades dormitorio. Isto xera un conflito de intereses: as grandes desexan espazo para poder ampliarse e rebaixar a presión dos miles de cidadáns que entran nelas todos os días para traballar; as pequenas, pola súa banda, non desexan masificarse e queren manter unha identidade separada.
Outro tema de discusión no plan do Randstad é o Groene Hart, ou Corazón Verde, que prevé unha reserva de espazo verde no centro do anel de cidades, aproveitando así as zonas onde é máis difícil construír debido á pouca firmeza do chan. Con todo, o desenvolvemento do aeroporto de Schiphol e a actividade agraria industrializada deixaron este corazón verde irrecoñecíbel.
Rexión metropolitana
[editar | editar a fonte]A rexión metropolitana de Randstad esténdese por unha superficie de 5.129 km² e conta cunha poboación de 6,55 millóns de habitantes, polo que ten unha densidade de poboación de 1.277 hab/km².
Componse das cidades principais de Ámsterdan, Rotterdam, A Haia e Utrecht e de 116 pequenas cidades e municipios contiguos (entre as que destacan as cidades de Almere, Amersfoort, Haarlem e Zaanstad), como se mostra na táboa seguinte.
Rexión | Poboación | Superficie (en km²) |
Habitantes |
---|---|---|---|
Países Baixos | |||
Holanda Setentrional | Ámsterdan | 219,44 | 758.127 |
Waterland | 115,64 | 17.267 | |
Edam-Volendam | 24,78 | 28.459 | |
Landsmeer | 26,49 | 10.301 | |
Purmerend | 24,56 | 77.922 | |
Oostzaan | 16,13 | 9.200 | |
Zaanstad | 83,04 | 140.270 | |
Wormerland | 45,14 | 15.796 | |
Uitgeest | 22,31 | 11.915 | |
Castricum | 59,92 | 35.020 | |
Heiloo | 18,99 | 22.123 | |
Alkmaar | 31,22 | 94.455 | |
Langedijk | 26,99 | 25.931 | |
Bergen | 119,83 | 13.612 | |
Heerhugowaard | 39,97 | 49.444 | |
Heemskerk | 31,73 | 37.423 | |
Beverwijk | 20,38 | 36.546 | |
Velsen | 63,03 | 67.678 | |
Bloemendaal | 43,29 | 16.974 | |
Haarlem | 32,12 | 147.015 | |
Zandvoort | 44,34 | 16.651 | |
Haarlemmerliede en Spaarnwoude | 21,08 | 5.489 | |
Heemstede | 9,64 | 25.650 | |
Bennebroek | 1,79 | 5.131 | |
Haarlemmermeer | 185,28 | 135.136 | |
Aalsmeer | 32,24 | 24.145 | |
Uithoorn | 19,49 | 26.844 | |
Amstelveen | 44,05 | 78.774 | |
Ouder-Amstel | 25,81 | 13.142 | |
Diemen | 14,03 | 23.834 | |
Muiden | 36,51 | 6.645 | |
Weesp | 21,88 | 17.533 | |
Naarden | 32,89 | 17.104 | |
Bussum | 8,11 | 31.237 | |
Huizen | 23,28 | 42.091 | |
Blaricum | 15,58 | 9.114 | |
Hilversum | 46,24 | 83.652 | |
Laren | 12,39 | 11.005 | |
Wijdemeren | 76,55 | 23.435 | |
Provincia de Utrecht | Abcoude | 32,11 | 8.670 |
De Ronde Venen | 84,80 | 34.535 | |
Loenen | 27,32 | 8.296 | |
Breukelen | 48,65 | 14.571 | |
Maarssen | 30,86 | 39.563 | |
Woerden | 92,89 | 47.912 | |
Oudewater | 40,16 | 9.941 | |
Montfoort | 38,22 | 13.506 | |
IJsselstein | 21,62 | 33.976 | |
Utrecht | 99,32 | 280.949 | |
Nieuwegein | 25,68 | 61.605 | |
Vianen | 42,37 | 19.694 | |
Houten | 58,98 | 44.499 | |
Bunnik | 37,57 | 14.234 | |
Utrechste Heuvelrug | 134,10 | 48.957 | |
Zeist | 48,64 | 60.369 | |
De Bilt | 67,10 | 42.037 | |
Baarn | 33,03 | 24.513 | |
Soest | 46,45 | 45.217 | |
Amersfoort | 63,78 | 136.999 | |
Eemnes | 33,67 | 8.859 | |
Bunschoten | 34,88 | 19.468 | |
Leusden | 58,94 | 28.889 | |
Holanda Meridional | Rotterdam | 304,24 | 588.697 |
Schiedam | 19,89 | 75.389 | |
Spijkenisse | 30,23 | 74.506 | |
Vlaardingen | 26,71 | 72.553 | |
Rozenburg | 6,37 | 12.843 | |
Maasluis | 9,10 | 31.956 | |
Midden-Delfland | 49,38 | 17.435 | |
Westland | 90,59 | 98.328 | |
A Haia | 85,65 | 475.627 | |
Delft | 26,31 | 95.090 | |
Rijswijk | 14,48 | 47.152 | |
Leidschendam-Voorburg | 35,60 | 73.111 | |
Wassenaar | 62,50 | 25.622 | |
Voorschoten | 11,59 | 22.887 | |
Leiden | 23,16 | 118.069 | |
Leiderdorp | 12,29 | 25.990 | |
Katwijk | 31,06 | 60.932 | |
Oegstgeest | 7,75 | 21.891 | |
Noordwijk | 51,53 | 24.673 | |
Noordwijkerhout | 23,40 | 15.166 | |
Teylingen | 33,63 | 34.683 | |
Lisse | 16,11 | 21.877 | |
Hillegom | 13,48 | 20.317 | |
Alkemade | 30,91 | 14.512 | |
Jacobswoude | 41,37 | 10.797 | |
Nieuwkoop | 38,50 | 26.882 | |
Alphen aan der Rijn | 57,68 | 70.955 | |
Bodegraven | 38,50 | 19.361 | |
Reeuwijk | 50,11 | 12.756 | |
Boskoop | 16,96 | 15.311 | |
Rijnwoude | 57,85 | 18.863 | |
Zoeterwoude | 21,91 | 8.501 | |
Zoetermeer | 37,06 | 116.979 | |
Pijnacker-Nootdorp | 38,60 | 41.695 | |
Lansingerland | 56,00 | 46.021 | |
Zevenhuizen-Moerkapelle | 31,10 | 10.325 | |
Waddinxveen | 29,39 | 26.062 | |
Gouda | 18,10 | 71.386 | |
Moordrecht | 12,73 | 8.095 | |
Nieuwerkerk aan den IJsel | 18,47 | 22.140 | |
Capelle aan den IJsel | 15,42 | 65.602 | |
Ouderkerk | 28,53 | 8.105 | |
Krimpen aan den IJsel | 8,93 | 28.783 | |
Ridderkerk | 25,10 | 44.757 | |
Alblasserdam | 9,96 | 18.428 | |
Hendrik-Ido-Ambacht | 11,99 | 24.458 | |
Papendrecht | 10,77 | 31.553 | |
Sliedrecht | 14,00 | 23.801 | |
Hardinxveld-Giessendam | 19,35 | 17.775 | |
Dordrecht | 99,45 | 118.821 | |
Zwijndrecht | 22,77 | 44.588 | |
Barendrecht | 21,72 | 41.249 | |
Albrandswaard | 23,75 | 21.059 | |
Oud-Beijerland | 19,61 | 23.899 | |
Brielle | 31,12 | 15.990 | |
Flevoland | Almere | 248,77 | 178.466 |
TOTAL | 5.128,85 | 6.547.070 |
- (1) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación [1] Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
Rexión económica
[editar | editar a fonte]A rexión de Randstad é unha rexión socio-económica situada no corazón dos Países Baixos. Está baseada na rexión metropolitana de Randstad e ten como fins a promoción e o desenvolvemento económico, cultural, científico e turístico da rexión.
As partes integrantes desta rexión son as provincias de Holanda Setentrional, Holanda Meridional, Utrecht e Flevoland. En total fálase dunha rexión con 7,62 millóns de habitantes, nunha área de 11.357 km², repartidos como se indica na táboa seguinte.
Rexión | Superficie (en km²) |
Poboación(2) |
---|---|---|
Países Baixos | ||
Holanda Setentrional | 4.091,77 | 2.606.584 |
Holanda Meridional | 3.403,38 | 3.458.875 |
Provincia de Utrecht | 1.449,12 | 1.180.039 |
Flevoland | 2.412,3 | 370.656 |
Total | 11.356,57 | 7.616.154 |
- (2) - Datos do 1 de xaneiro de 2006, tomados do informe estatístico de poboación [2] Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web Oficial (en inglés e holandés)