Río Nevá
(ru) Нева | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Unified Deep Water System of European Russia (en) | ||||
Inicio | |||||
País da cunca | Rusia | ||||
División administrativa | Óblast de Leningrado, Rusia e San Petersburgo, Rusia | ||||
Localización | Lago Ladoga | ||||
Final | |||||
Localización | Neva Bay (en) | ||||
| |||||
Afluentes | 21 | ||||
Distributario | Obvodny Canal (en) , Great Nevka (en) , Kronverksky Strait (en) , Fontanka (pt) , Malaya Neva (en) e Ekateringofka (en) | ||||
Conca hidrográfica | Neva basin (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 74 () km × 70 () verst | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 281.000 km² | ||||
Pendente | 0,058 | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 2.500 m³/s (Volodarsky Bridge (en) ) | ||||
O río Neva ou río Nevá[1] (en ruso: Река Нева́ ) é un río situado ó noroeste de Rusia. Ten 74 km de lonxitude e nace no Lago Ladoga (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do óblast de Leningrado (región histórica de Ingria) e a cidade de San Petersburgo desemboca no golfo de Finlandia. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de Europa, só detrás do Volga e do Danubio.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media, o río tiña unha grande importancia, posto que ó ser ancho e navegable constituía unha canle de comunicación entre o Mar Báltico e o río Volga. A confluencia do Neva e o río Izhora foi o escenario da famosa Batalla do Nevá (1240)[1] entre os suecos e rusos. Alexandre Iaroslávich, príncipe de Nóvgorod, gañou dita batalla e asumiu o sobrenome de «Nevski», que significa «do Neva».
Durante o século XVI, a desembocadura do Neva, albergou a fortaleza sueca de Nyen, e un entrante de terra no Ladoga, a fortaleza rusa de Oréshek, logo chamada Shlisselburg. A fortaleza de Nyen foi destruída por Pedro o Grande, despois de fundar a Fortaleza de San Pedro e San Paulo (Петропавловская Крепость - Petropávlovskaya Krépost'), en 1703. Situada na Illa de Liebre (Зайчии Остров - Zaichii Óstrov), a fortaleza é considerada coma a primeira estrutura do actual San Petersburgo.
O monxe ruso Grigori Rasputín foi guindado ó río Neva en 1916 onde morreu afogado.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Nevá |