Saltar ao contido

Río Don

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Don
(ru) Дон Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
(2007)
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Parte deUnified Deep Water System of European Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaOblast de Tula, Rusia (pt) Traducir, Óblast de Ryazan, Rusia, Óblast de Rostov, Rusia, Provincia de Lipetsk, Rusia, óblast de Voronezh, Rusia e Óblast de Volgogrado, Rusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPlanalto central da Rússia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónÓblast de Rostov Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraMar de Azov Editar o valor en Wikidata
Mapa
 54°00′44″N 38°16′40″L / 54.0122, 38.2778
47°05′11″N 39°14′19″L / 47.0864, 39.2386
Afluentes
85
Conca hidrográficaDon basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.870 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica422.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal935 m³/s Editar o valor en Wikidata
Mapa coa cunca do Don

O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov. O total da súa cunca abrangue unha área de 425.600 km².

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Don nace no lago Iván (Ivan Ozero), non lonxe da cidade de Tula. Desde a súa fonte, primeiro flúe cara ó sueste até Voronezh, despois cara suroeste. A cidade máis importante que atravesa no seu curso é Rostov do Don. No seu extremo oriental, o Don pasa próximo do río Volga, o que foi aproveitado para unir ambas bacías fluviais a través do canal Volga-Don, unha importante vía de navegación na Rusia meridional, que atinxe uns 105 km. Desde Rostov parte tamén un canal que o comunica directamnete co mar Caspio. Desemboca finalmente no mar de Azov, na baía de Taganrog, e xusto xunto a pequena cidade de Azov.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

O máis importante dos afluentes é o Donets (1.053 km), pola beira dereita, que ten a maior parte do seu curso en Ucraína. Pola marxe esquerda destacan o río Medveditsa (745 km) e o Chopjor (1.010 km).

O río era coñecido na Grecia antiga, denominandoo Tanais, sendo utilizado como ruta comercial esencial para penetrar nas chairas rusas. O curso do río foi considerado antigamente como o límite entre Europa e Asia.

O curso baixo do Don foi o escenario da Operación Urano, que durante a segunda guerra mundial marcou o comezo da contraofensiva soviética na batalla de Stalingrado.

Étimo do nome

[editar | editar a fonte]

O nome do Don contén a mesma raíz indoeuropea, *dhen - "correr, fluír", que o Danubio (lémbrese que este en alemán é Donau), e tamén aparece na primeira parte dos nomes dos ríos Dnister ou Dniéper. Posibelmente o nome orixinal era o escita (iranio) danu "río", evolucionado en oseto a don "río".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]