Saltar ao contido

Río Dniéper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Dniéper
(be) Дняпро
(uk) Дніпро
(ru) Днепр Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe
Tiporío
rio internacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia, Ucraína e Belarús Editar o valor en Wikidata
División administrativaOblast de Zaporíjia, Ucraína (pt) Traducir, Oblast de Kherson, Ucraína (pt) Traducir, Voblast de Viciebsk, Belarús (pt) Traducir, Rexión de Mahilioŭ, Belarús, Rexión de Homieĺ, Belarús, Rexión de Dnipropetrovsk, Ucraína, Oblast de Poltava, Ucraína, Oblast de Kirovogrado, Ucraína (pt) Traducir, Óblast de Cherkasy, Ucraína, Oblast de Tchernihiv, Ucraína (pt) Traducir, Oblast de Kiev, Ucraína (pt) Traducir, Kíiv, Ucraína e Oblast de Smolensk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónColinas de Valdai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónDnieper Estuary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 55°52′20″N 33°43′26″L / 55.87211, 33.72389
46°29′47″N 32°17′14″L / 46.49639, 32.28719
Afluentes
103
Conca hidrográficaDnieper basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.285 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica503.500 km² Editar o valor en Wikidata
Pendente0,11 por mil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal1.670 m³/s (Kherson (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata

O Dniéper[1] (en ruso: Днепр/Dnepr; en belaruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).[2]

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Dniéper nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Belarús; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Belarús e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraína, na cal baña a capital, Kíiv, atravesándoa de norte a sur.[2] Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.

O Dniéper desauga no mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odesa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1670 m³/s.

A conca hidrográfica do Dniéper abrangue unha área de 516 000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.

Explotación económica

[editar | editar a fonte]

Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kíiv (Kyivs'ke) (922 km², cunha lonxitude de 110 km e unha largura de 12 km, presenta gran cantidade de algas)[2], o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.

Nome e historia

[editar | editar a fonte]

O río Dniéper é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenes. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus de Kíiv, era Slavutich.

O Dniéper foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos movéronse cara ao sur.

O Dniéper foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.

Cidades ás beiras do Dniéper

[editar | editar a fonte]

Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:

Afluentes do Dniéper

[editar | editar a fonte]

Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniéper en orde desde a fonte:

  1. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]