Saltar ao contido

Qufu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaQufu
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°36′N 116°59′L / 35.6, 116.98
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaShandong
Prefectura con nívelJining (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación640.498 (2010) Editar o valor en Wikidata (786,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie814,75 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude65 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Qufu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal273100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webqufu.gov.cn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461912

 Qufu (chinés tradicional e simplificado: 曲阜; pinyin: Qūfù; Wade-Giles: Ch'ü-fu) é unha cidade do suroeste da provincia de Shandong, preto da costa oriental da República Popular da China. Está situada a uns 130 km ao sur da capital provincial Jinan. Desde a década de 2000 está irmandada con Santiago de Compostela.[1]

Historia e patrimonio

[editar | editar a fonte]
Muralla da cidade de Qufu, porta sur.

Qufu é famosa por ser o lugar de nacemento do filósofo Confucio (551 a. C. - 479 a. C.) quen, tradicionalmente, crese que naceu no monte Ni próximo.[2] Foi a capital do Estado de Lu durante o Período de primaveras e outonos. Até 1937, os membros da familia Kong, descendentes directos de Confucio e do seu neto Zisi, viviron na cidade.[3] A cidade contén numerosos pazos, templos e cemiterios históricos.[4] Os máis famosos sitios culturais da cidade, coñecidos como San Kong ('os Tres [sitios]'), inclúen o Templo de Confucio, o Cemiterio de Confucio e a Mansión da Familia Kong; Os tres sitios son Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1994.[5]

Xeografía e demografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación urbana duns 60.000 habitantes (2004) e toda a comarca administrativa conta cuns 650.000 habitantes. Abrangue unha superficie de 815 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 653.000 habitantes, con 188.000 que viven en zonas urbanas. Qufu é famoso como o lugar de nacemento de Confucio.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome da cidade "Qufu" significa "outeiro torto" en chinés, e refírese a un outeiro dunha milla de longo que formou parte da cidade durante a súa época como capital do estado de Lu.[6]

Relixión

[editar | editar a fonte]

Qufu é un lugar importante no confucianismo xa que é o lugar de nacemento do filósofo Confucio. A cidade ten o Templo de Confucio máis importante, o Mausoleo de Confucio e a Mansión da Familia Kong. Ademais, ten unha sucursal da Santa Igrexa de Confucio e é a sede da Federación da Cultura Confuciana.

  1. "22/6/2006. QuFu e Santiago de Compostela preparan un acordo de irmanamento.". www.santiagodecompostela.gal. Consultado o 2024-10-21. 
  2. "曲阜庙城与中国儒学 = Qufu miaocheng yu Zhongguo ruxue". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-10-21. 
  3. orientalarchitecture.com. "Asian Historical Architecture: A Photographic Survey". Asian Architecture (en inglés). Consultado o 2024-10-21. 
  4. "Qufu". Britannica. 
  5. "Great-Temple-of-Confucius". Britannica. 
  6. Tai, Yin (2009-12-10). "Reforming Vagrants in Shanghai (1949–1958) , by Ruan Qinghua: Shanghai, Shanghai Lexicographical Publishing House, 2009, 320 pp., ISBN 978-7-5326-2692-2". Journal of Modern Chinese History (en inglés) 3 (2): 238–240. ISSN 1753-5654. doi:10.1080/17535650903345445. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.