Saltar ao contido

Primeira Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaPrimeira Liga
Nome na lingua orixinal(pt) Primeira Liga Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnião das Federações Europeias de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deLigas de fútbol de Portugal Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda Liga e Segunda Divisão Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísPortugal Editar o valor en Wikidata
Vixencia1934 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos306 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialligaportugal.pt Editar o valor en Wikidata
Facebook: ligaportugal Twitter: ligaportugal Instagram: ligaportugal TikTok: ligaportugal Editar o valor en Wikidata

A Primeira Liga (antes chamada Primeira Divisão), tamén coñecida como Liga NOS por motivos de patrocinio, é a competición máis importante do fútbol profesional no sistema de competición de Portugal. Nela participan cada ano os 18 mellores equipos do país, porén, até o momento, só 5 equipos diferentes conseguiron gañar o título. Fundada en 1934, a Liga conta con máis de 80 edicións dominadas principalmente polos "Três Grandes": o Sport Lisboa e Benfica, o Futebol Clube do Porto e o Sporting Clube de Portugal. Fóra deses equipos tan só poden presumir de ter o título o Clube de Futebol Os Belenenses e o Boavista Futebol Clube, que conseguiron levantar o trofeo unha vez cada un.

Nos útlimos ano a Liga está a aumentar considerabelmente a súa reputación, acadando en 2012 o título de quinto mellor torneo continental segundo a Clasificación Europea de Ligas da UEFA de 2012, adiantando á Ligue 1 francesa, unha das historias "cinco grandes" ligas europeas.[1] En 2013 e 2014 continuou obstentando o quinto lugar segundo a UEFA. Segundo o clasificación elaborada pola Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS) en 2011, a Primeira Liga é a cuarta mellor liga do mundo.[2] A denominación comercial da Primeira Liga muda de tempo en tempo en función dos contratos de patrocinio celebrados pola entidade organizadora da competición e detentora dos respectivos dereitos comerciais, a Liga Portuguesa de Futebol Profissional.

Antes da reforma do fútbol portugués de 1938 xa se celebraba unha competición experimental de todos contra todos, os cales foron posteriormente nomeados "Campións de Liga". A pesar diso, a Copa, con formato de eliminatorias,era a competición máis popular e a que definía ao "Campión de Portugal", porén os vencedores do torneo non son considerados hoxe campión do campionato portugués de fútbol. Unha vez levada a cabo a reforma, foi implementada unha competición de todos contra todos dándolle especial prioridade dentro do calendario futbolístico do país, o cal ía definir ao campión nacional do ano.

En 1948 levouse a cabo unha segunda reforma, na cal os clubs da Primeira e Segunda divisións deixaron de ter que competir nos campionatos de distrito, tal como viñan facendo desde a fundación da competición. Desde 1938 até 1999 a competición recibiu o nome de Campeonato Nacional da Primeira Divisão, ou simplemente Primeira Divisão'. Con todo, a partir de 1999, cando a Liga Portuguesa de Futebol Profissional tomou o control das dúas primeiras divisións, o nome cambiou a Campeonato Nacional da Primeira Liga ou, de forma máis abreviada, Primeira Liga.

Os três grandes

[editar | editar a fonte]
Os "Três Grandes" nas 10 últimas tempadas
Ano Benfica Porto Sporting
2009–10 1 3 4
2010–11 2 1 3
2011–12 2 1 4
2012–13 2 1 7
2013–14 1 3 2
2014–15 1 2 3
2015–16 1 3 2
2016–17 1 2 3
2017–18 2 1 3
2018–19 1 2 3

"Os Três Grandes" é o alcume que reciben os tres clubs deportivos máis poderosos de Portugal. Coa excepción do Clube de Futebol Os Belenenses na tempada 1945-46 e o Boavista Futebol Clube na tempada 2000–01, tan só tres clubs teñen gañado o título da Primeira Liga, o Sport Lisboa e Benfica, o Futebol Clube do Porto e o Sporting Clube de Portugal. Ademais, é habitual que estes tres equipos ocupen as primeira tres posicións da competición, o que permite que sexan competidores habituais dos torneos organizados pola UEFA.

Debido ao dominio destes tres clubs, os siereiros portugueses apoian habitualmente como "primeiro equipo" a un destes tres clubs, animando probabelmente en segundo lugar ao equipo da súa cidade. Os "três Grandes" teñen as medias máis altas de asistentes por partido en cada temporada, mentres que o resto de equipos, coa excepción da Associação Académica de Coimbra, o Vitória Sport Clube de Guimarães e o Sporting Clube de Braga, que son os seguintes clubs con máis seareiros, sofren de malas asistencias. A fañta de apoio aos equipos locais é considerada como un dos principais motivos polos que a Liga Portuguesa ten unha das peores medias de asistencia por partidos dos grandes campionatos europeos, ​​xunto coa emisión de case todos os partidos por televisión. Noutros deportes, a rivalidade entre os grandes clubs é tamén considerábel eá veces conduce a discusións entre os seareiros e os xogadores.

En cuanto aos clubs, o Benfica é o que gañou máis títulos de Liga e Copa. O Porto é o club con máis títulos da Supercopa e campionatos internacionais así como o equipo que máis títulos posúe en global. O Sporting ocupa o terceiro lugar tanto en número de Ligas gañadas como en Copas. Con respecto ao Benfica cómpre destacar que é o único club portugués até o momento que conseguiu gañar dous títulos europeos consecutivos, chegando a disputar dez finais continentais: sete Ligas de Campións e tres da Copa da UEFA/Europa League, sendo a maiores subcampións de dúas Copas Intercontinentais. Porén, desde 1987, o Porto é o único club portugués que gañou algún título europeo, xuntando un total de dúas Ligas de Campións, unha Supercopa de Europa e dúas Copas Intercontinentais, sendo ademais finalista dunha Recopa e de tres Supercopas. O Sporting a nivel europeo gañou unha Recopa e foi subcampión dunha Copa da UEFA. Á parte dos "três grandes", o Braga gañou a última edición da Copa Intertoto e foi subcampión da Europa League.

Nomes patrocinados

[editar | editar a fonte]

Galp Energia adquiriu os dereitos de nome da Liga no ano 2002, cambiandol o nome da campetición a SuperLiga GalpEnergia. O 18 de agosto de 2005 chegaría un novo patrocinador, o sitio web de apostas bwin. Con todo, isto levantaría a polémica entre algunhas autoriades dos xogos de azar portugueses, como a Santa Casa da Misericórdia e a Associação Portuguesa de Casinos, que reclamaban ter os dereitos exclusivos do xogo legal no territorio nacional portugués. Despois de manter o nome Liga betandwin.com para a tempada 2005–06, o nome cambiou a BWINLIGA en xullo de 2006.

A partir da tempada 2008–09, a liga pasa a recibir o nome de Liga Sagres, debido ao patrocinio da cervexa Sagres. En 2010 a compañía cervexeira renova o seu patrocinio, ao que se engadía o padroado de ZON Multimédia, a compañía líder portuguesa de servizos de televisión de pago. A Liga foi chamada entón Liga ZON Sagres, nome que mantivo até a campaña 2013–14, ano no que rematou o acordo entre Sagres, ZON (agora NOS) e a Liga. Actualmente a Liga recibe o seu nome oficial, Primeira Liga.

Nomes patrocinados por tempada
  • 2002–2005: SuperLiga GalpEnergia
  • 2005–2006: Liga betandwin.com
  • 2006–2008: BWINLIGA
  • 2008–2010: Liga Sagres
  • 2010–2014: Liga ZON Sagres
  • 2014–2018: Liga NOS

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2014-15 a Liga conta con 18 equipos, aumentando there are 18 clubs in the Primeira Liga, por encima dos 16 equipos da tempadas anteriores grazas ao retorno do Boavista, que fora condenado ao descenso por mor dun caso de corrupación en 2008 e que foi declarado nulo en 2014. Así, na tempada 2013-14 só descendeu un equipo, o Sporting Clube Olhanense, e ascenderon dous a parte do Boavista: o Moreirense Futebol Clube e o Futebol Clube Penafiel. Durante o curso da tempada, cada club xoga contra todos os outros clubs días veces, unha no seu estadio local e outra como visitante, nun total de 34 partidos. Ao final de cada tempada, os dous últimos equipos descenden á Segunda Liga, mentres que os dous primeiros da segunda categoría ascenden.

Equipos da tempada 2014-15

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Primeira Liga 2014/15.
Location of teams in Liga Zon Sagres 2014–15 (Madeira)
Equipo Cidade Distrito Estadio Capacidade 2013/14
Académica Coímbra Coímbra Coímbra Cidade de Coimbra 30.210
Arouca Arouca Arouca Aveiro Municipal de Arouca 5.000
12º
Belenenses Lisboa Lisboa Lisboa Estádio do Restelo 19.300
14º
Benfica Lisboa Lisboa Lisboa Estádio da Luz 65.647
Boavista Porto Porto Porto Estádio do Bessa 28.263
Ascende(C.N.)
Braga Braga Braga Braga Municipal de Braga 30.154
Estoril Estoril Estoril Lisboa António Coimbra da Mota 5.015
Gil Vicente Barcelos Barcelos Braga Cidade de Barcelos 12.504
13º
Marítimo Funchal Funchal Madeira Estádio dos Barreiros 9.177
Moreirense Moreira de Cónegos Moreira de Cónegos Braga Joaquim de Almeida Freitas 6.100
Ascende desde a Segunda Liga(S.L.)
Nacional Funchal Funchal Madeira Estádio da Madeira 5.142
Paços de Ferreira Paços de Ferreira Paços de Ferreira Porto Estádio da Mata Real 5.250
15º
Penafiel Penafiel Penafiel Porto Municipal 25 de Abril 7.000
Ascende desde a Segunda Liga(S.L.)
Porto Porto Porto Porto Estádio do Dragão 52.002
Rio Ave Vila do Conde Vila do Conde Porto Estádio do Rio Ave 12.820
11º
Sporting Lisboa Lisboa Lisboa Estádio José Alvalade 52.466
Vitória de Guimarães Guimarães Guimarães Braga D. Afonso Henriques 30.146
10º
Vitória de Setúbal Setúbal Setúbal Setúbal Estádio do Bonfim 18.692

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Club Títulos Subcampión
Benfica 38 28
Porto 30 28
Sporting de Lisboa 18 22
Belenenses 1 3
Boavista 1 3
Académica 0 1
Vitória de Setúbal 0 1
Braga 0 2
  1. Bert Kassies (ed.). "UEFA Country Ranking 1990". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  2. "Current Ranking – IFFHS". Consultado o 16 de agosto 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]