Populismo
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O populismo é un termo político para designar correntes heteroxéneas pero caracterizadas pola súa aversión ás elites económicas e intelectuais, a súa denuncia da corrupción política por parte das clases privilexiadas e a súa constante apelación ó Pobo.
Ademais adoita asociarse á Demagoxia.
A aparición do populismo como fenómeno social lígase a procesos de rápida modernización ou cambio como unha postura crítica que argumenta que estes xeran distinto grao de desenvolvemento nas diversas clases ou rexións dun país e en consecuencia desigualdade.
O termo populismo usouse en política dúas acepcións diferentes. Unha delas ten un significado positivo e a outra pexorativo.
Populismo en sentido pexorativo
[editar | editar a fonte]O populismo cunha significación pexorativa é o uso de "medidas de goberno populares", destinadas a gañar a simpatía da poboación, particularmente se esta posúe dereito a voto, aínda a conta de tomar medidas contrarias ó Estado democrático.
De acordo, con esta significación algúns movementos populistas darían a amplas capas da poboación beneficios limitados ou solucións a curto prazo que non pon en perigo a orde social instituída nin outorga capacidades reais de autodeterminación ós pobos senón que serven para que eleven ou manteñan a popularidade dos caudillos ou do réxime reforzando o seu poder.
Diferénciase da demagoxia porque se refire non só a discursos, senón tamén a accións. Así, pódese entender como unha táctica de uso limitado, ou ben como unha forma permanente de facer política e permanecer no poder. Agora ben, a definición do que é o benestar xeral do Pobo así como de Curto prazo, Orde social instituída ou Autodeterminación permiten manipular o uso do termo e aplicalo eventualmente contra os adversarios políticos.
Populismo en sentido positivo
[editar | editar a fonte]O populismo cunha significación positiva é un movemento social que pretende que o poder recaia máis no pobo: entendido como granxeiros, obreiros e pequenos emprendedores, as clases media e baixa; e menos ás elites políticas e corporativas. O populismo baséase no apoio voluntario, as ideas políticas da cultura autóctona sen caer no nacionalismo e oponse ós imperialismos.
Exemplos deste tipo de populismo poden ser o populismo ruso, o populismo norteamericano, o cantonalismo español, o agrarismo mexicano ou os carbonari italianos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Argumentum ad populum
- Autocracia
- Culto á personalidade
- Demagoxia
- Elitismo
- Mito da caverna
- Oclocracia
- Paternalismo
- Posverdade
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |