Saltar ao contido

Ponte Taboada

Ponte Taboada
Localización
Coordenadas42°40′46″N 8°12′35″O / 42.679444444444, -8.2097222222222
RíoDeza
ConcelloLalín - Silleda
ProvinciaPontevedra
Características
Construción912
TipoRománico
MaterialPedra

A ponte Taboada é unha ponte románica do século X, do ano 912, sobre o río Deza, situada entre as parroquias de Prado (Lalín) e Taboada (Silleda), dálle nome ao lugar da Ponte Taboada, preto da confluencia dos ríos Deza e Asneiro no lugar de Entrambas Augas[1]. A ponte está incluída no inventario de Pontes históricas de Galicia co código PO-43[2] Pola ponte discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ponte posúe unha estrutura en arco simple de medio punto e conta cunha altura importante. A ponte construíuse sobre dous grandes penedos que reducen o ancho do río a uns 11 metros. O punto máis alto do arco álzase a uns 9 metros sobre a liña de auga do río. Unha rampla de dobre acceso, duns 2,85 metros de ancho, feita con lousas e lastros de pedra, completa o deseño[3].

A ponte Taboada, tamén coñecida como ponte Vella de Taboada, é unha ponte románica que foi parte do chamado Camiño Real que unía as cidades de Santiago de Compostela e Ourense. A ponte seguramente substituíu outras pontes previas de madeira, construídas no mesmo sitio, de onde podía tomar o seu nome (Pons Tabulata en Latín). Debido á modificación e cambios nas rutas dos camiños locais na segunda metade do século XIX , e por mor da construción dunha nova ponte nas proximidades (Ponte Nova de Taboada, ou Ponte de Taboada Nova), o uso da ponte vella minguou.

A poucos metros dunha das entradas á ponte, sobre unha gran pedra deteriorada, pódese ler esta inscrición en latín que foi transcrita por Bouza Brey[4]: lavoraberunt ista ponte in era dccccl et fuit perfecta pride kalendas aprilis ("Traballaron nesta ponte na era do 950 terminándose no 31 de marzo). A era do 950 corresponde ao ano 912, a data en que se rematou de construír.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Presas García, Antonio (2013). A milenaria Ponte Taboada. pp. 277–314. ISBN 978-84-616-3787-4. 
  2. Alvarado Blanco, Segundo; Durán Fuentes, Manuel; Nárdiz Ortiz, Carlos (1991). Pontes históricas de Galicia (Colexio Oficial de Enxeñeiros, Canles e Portos ed.). A Coruña. p. 392. ISBN 84-404-8256-6. 
  3. "Ponte Taboada Vella". Galicia Máxica. Consultado o 05/08/2024. 
  4. "Taboada" (PDF). Románico Digital. Consultado o 05/08/2024.