Piranga olivacea
Aparencia
Piranga olivacea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Piranga olivacea (Gmelin, 1789) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Piranga erythromelas |
Piranga olivacea é unha especie de Passeri de tamaño medio.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos roldan entre os 17 e os 19 cm. Teñen o peteiro agrisado pálido e as patas escuras. Durante a época reprodutiva o macho é de cor vermella brillante, coas ás e a cola negras. A femia ten a plumaxe opaca de cor olivácea coas ás parduzcas escuras e a rexión ventral do corpo amarela. A plumaxe invernal do macho presenta un patrón de coloración semellante ó da femia, mais coas ás e cola máis escuras. Os machos inmaturos tamén son semellantes ás femias, pero a medida que medran adquiren un patrón intermedio entre as femias e os machos adultos coa librea de verán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Piranga olivacea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piranga olivacea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Piranga olivacea |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scarlet tanager species account – Cornell Lab of Ornithology (en inglés)
- Scarlet tanager - Piranga olivacea USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter (en inglés)
- Scarlet tanager stamps at bird-stamps.org (en inglés)