Peter Mansfield
Aparencia
Peter Mansfield FRS, nado no 9 de outubro de 1933 en Londres e finado o 8 de febreiro de 2017[1] foi un físico inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mansfield naceu en Lambeth, Londres. Estudou no Queen Mary College da Universidade de Londres. Graduouse cunha licenciatura (Bachelor of Science) en 1959. Foi profesor na Universidade de Nottingham.[2][3]Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 2003, compartido con Paul Lauterbur.[4] Foi coñecido polas súas descubertas sobre a imaxe por resonancia magnética (MRI). Recibiu o título de Sir. Morreu en Nottingham, Inglaterra o 8 de febreiro de 2017, aos 83 anos.[5]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- 1983 Medalla de ouro da Society of Magnetic Resonance in Medicine
- 1984 Premio e Medalla de ouro da Royal Society Welcome Foundation.
- 1986 Elixido Fellow do Queen Mary College na Universidade de Londres.
- 1987 Elixido Fellow of the Royal Society (FRS)
- 1987 Elixido presidente da Society of Magnetic Resonance in Medicine
- 1988 Premio e Medalla Duddell do Institute of Physics
- 1988 Medalla Silvanus Thompson polo British Institute of Radiology
- 1989 Antoine Béclère Medal da International Society of Radiology e do Antoine Béclère Institute en París
- 1990 Premio da Royal Society Mullard Award (compartido con John Mallard e Jim Hutchinson)
- 1992 Premio da International Society of Magnetic Resonance (ISMAR) (xunto con P. Lauterbur)
- 1993 Nomeado Cabaleiro.
- 1993 Placa de prata da European Society of Magnetic Resonance in Medicine and Biology
- 1993 Elixido Honorary Fellow of the Royal College of Radiology e membro honorario do British Institute of Radiology
- 1994 Elixido membro honorario da Society of Magnetic Resonance Imaging e Fellow of the Society of Magnetic Resonance
- 1995 Premio Garmisch-Partenkirchen por MRI
- 1995 Medalla de ouro do European Congress of Radiology e da European Association of Radiology
- 1997 Fellow honorífico do Institute of Physics
- 2003 Premio Nobel compartido con Paul Lauterbur
- 2009 Presentado co Lifetime Achievement Award polo Primeiro Ministro Gordon Brown, cerimonia emitida nos premios Pride of Britain Awards de ITV.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tributes to Professor Sir Peter Mansfield University of Nottingham
- ↑ "BBC Radio 4 - Desert Island Discs, Peter Mansfield". BBC (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Sir Peter Mansfield Imaging Centre - The University of Nottingham". www.nottingham.ac.uk. Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Mansfield, autobio". NobelPrize.org (en inglés).
- ↑ "MRI pioneer and Nobel laureate Sir Peter Mansfield dies". BBC News (en inglés). 2017-02-09. Consultado o 2022-12-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peter Mansfield |