Saltar ao contido

Período tinita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Período tinita

Anverso da Paleta de Narmer.
Historia Historia de Exipto
Cronoloxía Cronoloxía de Exipto
Categoría Historia de Exipto
Prehistoria
Prehistoria de Exipto
Idade Antiga
Historia antiga de Exipto
-V milenio
-4500: Período predinástico
-IV milenio
-3150: Período tinita
-III milenio
-2700 - -2134: Imperio Antigo de Exipto
-2134 - -2040: Primeiro Período Intermedio
-2040 - 1640: Imperio Medio de Exipto
-II milenio
-1640 - -1550: Segundo Período Intermedio
-1550 - -1070: Imperio Novo de Exipto
-1070 - -664: Terceiro Período Intermedio
-I milenio
-664 - -323: A Baixa Época
-332 - 395: Período grecorromano
Idade Media
Historia medieval de Exipto
Idade Moderna
Historia moderna de Exipto
Idade Contemporánea
Historia contemporánea de Exipto

O Período Tinita, Período Protodinástico ou Período Arcaico da historia antiga de Exipto vai desde o a unificación dos dous reinos, arredor de 3150 a. C., até a creación do Imperio Antigo de Exipto no 2700 a. C. coa terceira dinastía de Exipto.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Segundo a lista de reis transmitida por Manetón, o primeiro faraón que unificou Exipto foi Menes. Con anterioridade existira un rei Escorpión (supostamente), que foi seguido por Ka, por Narmer e por Aha. Un destes dous últimos, posibelmente Narmer, é o Menes de que fala Manetón. O feito mítico da unificación está reflectido na paleta de Narmer, atopada en Hieracómpolis, que é probabelmente, o documento histórico máis importante de toda a historia de Exipto. A pose do rei, a punto de partirlle o cranio cunha maza a un inimigo, serviu de modelo para retratar os faraóns dos tres milenios posteriores. A tumba máis antiga de Saqqara é a de Aha. Este período durou uns cinco séculos e durante el reinaron a I e II dinastías. Unha vez establecida a unión do norte e o sur, aínda que precaria, procedeuse a protexer as fronteiras contra os libios, que tentaron continuamente penetrar desde o oeste, subir polo Nilo até á Nubia (Dzer chegou á segunda catarata), e ocupar o Sinaí. A capital trasladouse de Tinis a Menfis e a necrópole de Abidos a Saqqara a partir da II dinastía.

Durante este período consolidouse o poder centralizador do faraón e desenvolveuse unha estrutura burocrática e administrativa. O faraón faise divinizar, proclamándose descendente do deus Horus e establece ritos e cerimonias, como a festa Sed, ou xubileu, na que renova os seus poderes. Os faraóns enterrábanse en luxosas construcións funerarias, como a de Abidos. Os nomos eran administrados por un gobernador, entre cuxas principais tarefas estaba organizar o sistema de irrigación.

Parece como se o uso da escrita se difundise precisamente a partir do comezo da I dinastía. Usábase principalmente para indicar o nome do ano.

As prácticas funerarias dos campesiños terían sido as mesmas dos tempos predinásticos, Cando a fins do Período Predinástico algunhas das sepulturas se converteron en tumbas máis amplas ese introduciron os ataúdes, a "momificación" natural das areas do deserto non se producía, polo que foi preciso deseñar procedementos específicos de momificación para asegurar a inmortalidade dos faraóns. As tumbas destes chámanse mastabas (palabra que provén da palabra exipcia moderna para "banco", porque á distancia asemellan un banco de lama). Nunha tumba en mastaba, escavábase unha cámara profunda que despois se revestía con pedra, ladrillos de lama ou madeira. Na superficie, a lama era empillada e ficaba marcando o local claramente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]