Pavel Kolobkov
Pavel Kolobkov (en ruso: Павел Колобков), nado en Moscova o 22 de setembro de 1969, é un tirador de esgrima retirado, militar e político ruso, gañador de seis medallas olímpicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira participación importante foi nos Campionatos da Unión Soviética en 1985 quedando 27º de 94 atletas. Participou, aos 18 anos, nos Xogos Olímpicos de 1988 celebrados en Seúl, onde representando á Unión Soviética logrou gañar a medalla de bronce por equipos da modalidade de espada. Nos Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona en representación do Equipo Unificado gañou a medalla de prata na proba individual e a de bronce por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta representando a Rusia gañou a medalla de prata por equipos e finalizou décimo cuarto en individual. Nos Xogos Olímpicos de 2000 de Sidney gañou a medalla de ouro na proba individual e nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas converteu este metal en broce. Nestes mesmos xogos rematou cuarto na proba por equipos, logrando así un diploma olímpico. No ano 2004 foi ascendido a coronel, sendo o militar de máis rango que o mesmo tempo era atleta en activo na historia da URSS e de Rusia [1]. No ano 2008 colaborou nun programa de televisión da primeira canle rusa, dedicado á aprendizaxe da patinaxe artística sobre xeo facendo parella con Anna Semenovich. Desde o ano 2010 forma parte do órgano consultivo oficial Cámara Cívica da Federación Rusa [2] e desde o 8 de outubro de 2010 é viceministro de deportes, turismo e mocidade da Federación Rusa [3] e foi o xefe da delegación rusa nos Xogos Olímpicos de 2012 [4].
Ao longo da súa carreira gañou nove medallas no Campionato do Mundo de esgrima, cinco delas de ouro; e nove medallas no Campionato de Europa da especialidade, dúas delas de ouro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1969
- Militares de Rusia
- Ministros de Rusia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas olímpicos de Rusia
- Nados en Moscova
- Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata polo Equipo Unificado
- Medallistas olímpicos de bronce polo Equipo Unificado
- Medallistas olímpicos de ouro por Rusia
- Medallistas olímpicos de prata por Rusia
- Medallistas olímpicos de bronce por Rusia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética
- Esgrimistas olímpicos do Equipo Unificado
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2004