Saltar ao contido

Pavel Florenskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPavel Florenskii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1882 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Yevlakh, Acerbaixán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Óblast de Leningrado, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLevashovo Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Physics and Mathematics of Moscow Imperial University (en) Traducir (–1904) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, enxeñeiro, sacerdote, escritor, profesor universitario, físico, filósofo, inventor, poeta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSlavic Greek Latin Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosVasiliy Florensky, Kirill Florensky Editar o valor en Wikidata
PaiAlexander Ivanovich Florensky Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePavel Florensky: A Quiet Genius (en) Traducir
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX929271 WikiTree: Florensky-2


Pavel Aleksandrovich Florenskii[1] (en ruso: Павел Александрович Флоренский) nado o 9 de xaneiro de 1882 en Yevlax (gobernación de Elizavetpol, hoxe Acerbaixán) e fusilado nalgún lugar preto de Leningrado o 8 de decembro de 1937, foi un investigador, científico, matemático e teólogo ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Descendente por liña materna dunha familia xeorxiana e armenia, foi o primoxénito de seis irmáns. Estudou na facultade de Matemáticas na Universidade Estatal de Moscova, realizou varias viaxes a oriente e leu avidamente a Lev Tolstoi, que lle deixou unha fonda pegada espiritual.

Creou a aritmetoloxía como teoría das funcións descontinuas. Estudou filosofía antiga, teoloxía e lingua hebrea. Fundou unha sociedade matemática e unha fraternidade cristiá de loita revolucionaria, polo que foi arrestado. En 1906 pronunciou un sermón contra a condena de morte o que lle valeu o encarceramento.

Casou con Anna Mikhailovna Giatsintova en 1910 e, no ano seguinte, foi ordenado sacerdote da Igrexa Ortodoxa Rusa. Tivo catro fillos

Especialista tamén en arte, frecuentou o círculo simbolista de Moscova, interveu en debates sobre a vangarda e foi docente da escola estatal de arte e técnica de Moscova. Combinaba matemáticas, física, psicoloxía e estética. Escribiu Análise da espacialidade e do tempo nas obras de arte figurativas. Afondou na teoría da icona con argumentos baseados na xeometría, na óptica fisiolóxica e na historia da arte.

Tras a revolución soviética, traballou no laboratorio de investigación da Administración Central para a Electrificación de Rusia. A partir de 1921, ensinou teoría do espazo na arte nos laboratorios superiores de arte e técnica. Foi tamén membro do Consello superior de economía nacional. Entre 1925 e 1931 viaxou ao Cáucaso para desenvolver investigacións en mineraloxía.

En 1928, foi arrestado por perigosidade social, sendo condenado a tres anos de prisión que quedou reducida a tres meses pola intercesión da exmuller de Maksim Gorkii. Exiliado a Novgorod continuou coa súa obra científica desenvolvendo o concepto de pneumatosfera. En 1930, o réxime comunista volveu a confiarlle importantes cargos técnicos, pero a súa indumentaria de pope ortodoxo en ambientes intelectuais e científicos cada vez era menos tolerada.

En 1933, foi condenado a dez anos de reclusión nun campo de concentración nas illas Solovetskii por axitación contra o sistema soviético e a publicación de materiais contrarios ao sistema soviético, por un estudo sobre a teoría da relatividade de Albert Einstein onde deixou translucir as súas ideas relixiosas. Declarado inimigo do pobo, foi confinado nun gulag e, soportando intermitentemente castigos de illamento, continuou coas súas investigacións, concretamente sobre os xeos perpetuos, líquidos anticonxelantes e a extracción de iodo. As cartas que escribiu á súa familia son testemuño de enteireza, entrega e preocupación pola educación dos seus fillos. No verán de 1937 prohibíuselle manter correspondencia coa súa muller. A partir de entón non se teñen noticias da súa supervivencia.

Por un documento da KGB, sóubose en 1990 que foi fusilado o 8 de decembro de 1937. Non se sabe o destino do seu cadáver.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Na estrutura matemática do Universo pódese experimentar a Deus como fonte da Beleza, do sentido e do fundamento da Existencia. Ese mundo é un semi ser que flúe sempre, sempre en devir e vibrante: e, máis aló, o oído sensible percibe outra Realidade.

A Verdade amósase ao home mediante un acto de graza. A Verdade mesma revélase como Comuñón de Persoas viventes, como amor gratuíto que transforma ao home a través da Escritura e o Culto comunicando o que denominou "o Sol de Emaús", que deifica ao home. Dende unha perspectiva antropolóxica o culto está na raíz de toda cultura.

Unha persoa deificada é a proba empírica da imaxe e semellanza divina que atesoura todo ser humano. A impresión de beleza e integridade dunha persoa humilde habitada pola energeia do Espírito Santo transparenta a impresión de realidade da natureza humana sanada e restaurada pola acción de Deus.

Para unha moral social os homes son semellantes entre si, para un crente en Xesús de Nazaret son consubstanciais. O cristiá ortodoxo non está afastado de ningún ser humano nin no espazo nin no tempo, leva en si toda a humanidade.

  • A Columna e o Fundamento da Verdade
  • As Fontes Humanas do Idealismo
  • A Sal da Terra
  • A perspectiva invertida
  1. Tamén romanizado como Florensky, Florenskiĭ, e Florenskij.