Partido Unionista do Ulster
Ulster Unionist Party (UUP) | |
---|---|
Partido político de Irlanda do Norte | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Reg Empey |
Mocidades | Young Unionists |
Filiación internacional | Movemento pola Reforma Europea Demócratas Europeos |
Historia | |
Fundación | 1905 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Unionismo do Ulster Centro-dereita |
Outros datos | |
Sede | 174 Albertbridge Road, Belfast |
Na rede | |
www.uup.org | |
O Partido Unionista do Ulster (en inglés: Ulster Unionist Party, UUP) é o máis moderado dos dous principais partidos políticos unionistas en Irlanda do Norte.[1] Antes da escisión no unionismo de finais dos sesenta, cando o antigo Partido Unionista Protestante comezou a atraer aos simpatizantes da liña dura do unionismo en detrimento do UUP, gobernou Irlanda do Norte entre 1921 e 1972 como o único partido unionista. Continuou a ser apoiado pola maioría dos votantes unionistas ao longo do período coñecido como the Troubles.
O UUP ten perdido apoio entre a comunidade unionista e protestante de Irlanda do Norte en favor do Partido Unionista Democrático (DUP), de liña máis dura, en tódalas eleccións dende 1999. O partido está dirixido actualmente por Sir Reg Empey.
O UUP ten acordado un pacto electoral co Partido Conservador, que se concreta en que os dous partidos presentarán candidatos conxuntamente ás eleccións á Cámara dos Comúns e ao Parlamento Europeo baixo o lema "Conservadores e Unionistas do Ulster - Nova Forza".[2]