Saltar ao contido

Oso pardo do Ussuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oso pardo do Ussuri
Ursus arctos lasiotus

Exemplar no zoo de Beijing
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Ursidae
Xénero: Ursus
Especie: U. arctos
Subespecie: U. a. lasiotus
Gray, 1867

O oso pardo do Ussuri (Ursus arctos lasiotus) é unha subespecie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, unha das varias integradas na especie Ursus arctos.[1]

É un dos osos pardos máis grandes, un oso pardo do Ussuri moi grande pode achegarse ao tamaño do oso Kodiak (Ursus arctos middendorffi).[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A subespecie foi descrita en 1867 polo naturalista e zoólogo inglés John Edward Gray,[1] no seu traballo:

Gray, J. E. (1867): "Note on Ursus lasiotus, a hairy-eared bear from North China". Annals and Magazine of Natural History. Ser. 3. 20 (118): 301.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a subespecie foi coñecida polos sinónimos:[1]

  • U. a. baikalensis Ognev, 1924
  • U. a. cavifrons (Heude, 1901)
  • U. a. ferox Temminck, 1844
  • U. a. macneilli Lydekker, 1909
  • U. a. melanarctos Heude, 1898
  • U. a. yesoensis Lydekker, 1897

Características

[editar | editar a fonte]

É moi semellante ao oso pardo de Kamchatka (Ursus arctos beringianus), aínda que ten un cranio máis alongado, unha fronte menos elevada, os ósos nasais algo máis longos e os arcos cigomáticos menos separados, e é de cor algo máis escura, sendo algúns individuos completamente negros, feito que unha vez levou á especulación, agora refutada, de que os individuos negros eran híbridos de osos pardos e osos negros asiáticos.[Cómpre referencia] Os machos adultos teñen cranios que miden 38,7 cm de longo e 23,5 cm de largo. Ocasionalmente poden alcanzar tamaños maiores que os seus homólogos de Kamchatka: o cranio máis grande medido por Sergej Ognew (1931) era só lixeiramente máis pequeno que o do oso Kodiak (a subespecie máis grande de osos pardos) rexistrado naquel momento.[2]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Encóntran en Asia: no krai de Ussuri (nome non oficial para unha parte do krai de Primorie e do krai de Khabarovsk), na illa de Sakhalin, no óblast de Amur, nas illas Shantar, nas illas Iturup e Kunashir (ambas as dúas nas illas Kuriles), no nordeste da China, na península de Corea e en Hokkaido (Xapón).[3][2]

Até o século XIII estes osos habitaban as illas de Rebun e Rishiri, tras cruzar o estreito de La Pérouse para alcanzalas.[4]. Tamén estiveron presentes en Honshu durante o último período glacial, pero posiblemente foron levados á extinción quizais competindo co outros osos asiáticos.[5]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aínda que a dieta dun oso pardo do Ussuri é principalmente vexetariana, é un gran depredador, sendo capaz de matar calquera presa. En Hokkaido come mamíferos grandes e pequenos, peixes, aves e insectos (por exemplo, formigas).[Cómpre referencia]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ursus arctos lasiotus Gray, 1867 no MSW.
  2. 2,0 2,1 2,2 Heptner, V. G. & N. P. Naumov, editors (1998): Mammals of the Soviet Union. Vol. II Part 1, Sirenia and Carnivora (Sea Cows, Wolves and Bears). Enfield, Connecticut, USA: Science Publishers, Inc. ISBN 1-8861-0681-9.
  3. ZipCodeZoo (en inglés).
  4. 『野生動物調査痕跡学図鑑』 p. 356.
  5. 坪田敏男, 山崎晃司, 2011, 日本のクマ: ヒグマとツキノワグマの生物学, University of Tokyo Press.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]