Saltar ao contido

Orochimaru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naruto
Nome real Orochimaru
Idade 50
Altura 179,4 cm/172 cm
Peso 63,9 kg/57.3 kg
Ocupación Sannin
Aldea
  • Konoha (orixe)
  • Aldea do Son
  • País País do Lume
    País dos Campos de Arroz
    Mestre Sarutobi
    Equipo Sannin: Jiraiya, Tsunade
    Relevancia Inimigo principal
    Familia Pais (mortos)
    Seiyū Kujira
    Yuriko Yamaguchi (Ninja da Herba)
    Mayumi Yamaguchi (neno)
    Sachiko Kojima (corpo de muller)
    Naruto: Shippūden
    Nome real Orochimaru
    Idade 54
    Altura 172 cm
    Peso 57.3 kg
    Ocupación Sannin
    Aldea Aldea Oculta do Son
    País País dos Campos de Arroz
    Relevancia Inimigo
    Familia Pais (mortos)
    Seiyū Kujira
    Jutsu
    Armas
  • Kusanagi (espada)
  • Estatísticas

    Orochimaru (大蛇丸 Orochimaru?) é un personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O nome de Orochimaru así como os de Jiraiya e Tsunade veñen da lenda xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語?, O Conto de Jiraiya o galante). Orochimaru é un home, pero fala cun ton agudo e un pouco feminino en xaponés para darlle un ton máis sinistro.

    Orochimaru e os seus excompañeiros de equipo, Jiraiya e Tsunade, coñécense como os Sannin lendarios (伝説の三忍 Densetsu no Sannin?) ou simplemente Sannin.

    Os seus pais morreron cando el era aínda novo, e o Terceiro Hokage recoñeceu rapidamente o talento natural de Orochimaru. A pesar de que estaba ó tanto da maldade dentro de Orochimaru, elixiu finxir que non o notaba porque esperaba que esa parte da súa personalidade desaparecese co tempo. Segundo pasan os anos, foi un gran amigo de Jiraiya, pero a súa amizade non estaba carente de rivalidade.

    Despois de pasar moitos anos de aprendizaxe co Terceiro, Orochimaru comezou a estudar sobre os seus desexos de obter a inmortalidade coa esperanza de poder aprender tódolos jutsus existentes (esta idea nace polo desexo de traer á vida ós seus defuntos pais). Para acadar esta meta, Orochimaru secuestrou aldeáns e experimentou con eles, intentando entender mellor como traballa o corpo e que melloras se podían facer.

    Nun experimento, Orochimaru púxolles a dez nenos o seu "selo maldito" para comprobar cal era a súa taxa de éxito. Un deses dez sería a súa propia estudante, Anko Mitarashi, xa que ela foi a única en sobrevivir. Noutro experimento, inxectou os xenes do Primeiro Hokage en sesenta nenos coa esperanza de que conseguisen dominar a técnica Mokuton, e a capacidade de controlar ós Bijū. Orochimaru creu que tódolos nenos da proba morreran pero en realidade, un deles, Yamato, sobreviviu, e conseguiu as capacidades que Orochimaru desexaba.

    Comezou a ser menos discreto cos seus experimentos, e o Terceiro descubriu o que facía, e tendo a posibilidade de matalo non puido facelo, así que permitiu que escapase. Cando fuxiu da aldea, Jiraiya, que aínda tiña a Orochimaru por un gran amigo, intentou paralo e persuadilo para que volvese a Konoha, pero Orochimaru rexeitou a idea e foise de Konoha para sempre.

    Despois de deixar Konoha, Orochimaru entrou en conflito con Konoha e fundou a Aldea Oculta do Son. Despois disto sábese que ingresou na Organización Akatsuki e tamén que intentou tomar o corpo de Itachi Uchiha para conseguir o seu Sharingan. Debido ás súas capacidades, Itachi puido prever as intencións de Orochimaru, e cortarlle a man na que levaba o seu anel de Akatsuki. Ó non poder tomar o corpo de Itachi, Orochimaru traizoou á organización, e levou con el o anel.

    Dende que se foi de Konoha fixo moitas modificacións ó seu corpo, converténdose nunha serpe branca xigante integrada por moitas serpes máis pequenas.

    Primeira parte

    [editar | editar a fonte]

    Antes do comezo dos exames Chūnin, Orochimaru alíase coa Aldea Oculta da Area, coa intención de invadir Konoha xuntos. Despois de matar ó cuarto Kazekage, Orochimaru disfrázase coma el para dar a impresión de que aproba a invasión, e a aldea acepta tomar parte. Antes de que a invasión comece, Orochimaru mata e personifica a unha Genin da Aldea Oculta da Herba e infíltrase nos exames coa esperanza de conseguir observar ó irmán de Itachi Uchiha, Sasuke. Durante a segunda fase dos exames, Orochimaru ataca a Sasuke para probar as súas capacidades.

    Durante a batalla, Orochimaru vese obrigado a tratar con Naruto Uzumaki. Recoñecendo a Naruto como unha ameaza potencial, Orochimaru sela o chakra do raposo, evitando que Naruto teña acceso a el e que o ataque. Despois de que a atención de Orochimaru volvese a Sasuke, este decide ter un combate con el, seguindo o exemplo de Naruto. Como recompensa a Sasuke por levar a cabo esa loita, Orochimaru trábao no pescozo colocándolle deste xeito o "selo maldito do ceo", e desaparece no bosque. A súa exalumna Anko Mitarashi atópao e mantén unha curta loita con el ata que a deixa paralizada polo seu selo maldito.

    Durante os preliminares do exame para Chunin, Orochimaru disfrázase dun mestre da Aldea Oculta do Son mandando loitar ós seus discípulos Dosu, Zaku e Kin. Zaku é derrotado por Shino Aburame, Kin é derrotada por Shikamaru Nara e Dosu derrota a Chōji Akimichi, pero máis adiante na historia, Dosu é asasinado por Gaara. Tamén dirixía en segredo a Yoroi Akado, o cal foi derrotado por Sasuke e a Misumi, quen foi derrotado por Kankuro. Inocentemente, Kankuro, Temari, Gaara e o seu mestre Baki servían a Orochimaru crendo que o Kazekage dirixía a operación.

    Invasión de Konoha

    [editar | editar a fonte]

    Disfrazado como o cuarto Kazekage, Orochimaru olla os combates finais do exame co Terceiro Hokage. Cando a invasión de Konoha comeza, Orochimaru quita o seu disfrace, revelando que el artellou a invasión co único propósito de conseguir matar ó terceiro, así como o secuestro de Sasuke. Cando os dous comezan a batalla, Orochimaru resucita ós dous primeiros Hokage que loitan obrigados contra o terceiro. O terceiro invoca a Enma, o rei mono e despois emprega o jutsu de selado do cuarto para atrapar as súas almas. Tamén trata de selar a alma de Orochimaru, pero este, ó decatarse do que trataba de facer atravésao polas costas coa espada Kusanagi. A piques de morrer, o terceiro sela os brazos do Sannin nun intento de compensar non telo asasinado antes. Ó facer iso, impídelle facer calquera jutsu. Despois Orochimaru escapa coa axuda dos seus subordinados.

    Busca de Tsunade

    [editar | editar a fonte]

    Orochimaru busca á súa anterior compañeira de equipo, Tsunade, coa esperanza de que ela poida restaurarlle os seus brazos. Ó atopala, ofrécelle como pago resucitar ó seu antigo amor e ó seu irmán máis novo. Aínda que ela considera a oferta, despois da reunión con Naruto, rexéitaa, sabendo que Orochimaru destruiría Konoha se lle chega a curar os brazos. Ante a súa oposición debe loitar non só contra Tsunade, senón tamén con Jiraiya. No seu estado debilitado, Orochimaru non pode presentar moita guerra contra os seus antigos compañeiros Sannin e cae derrotado a pesar de ter invocado á serpe xigante Manda. Foxe da batalla, ameazando con regresar e destruír Konoha e con tomar un novo anfitrión para a súa alma.

    A recuperación de Sasuke

    [editar | editar a fonte]

    Orochimaru envía ós seus catro secuaces, os Catro do Son, para que traian a Sasuke, e sexa o seu novo corpo, pero Sasuke chega tarde logo da violenta loita contra Naruto e escolle outro no seu lugar. Debido a que a técnica para cambiar de corpo só se pode facer cada tres anos, deberá agardar, e debido a iso comeza a adestrar ó xove Uchiha.

    Segunda parte

    [editar | editar a fonte]

    Encontro co Equipo Kakashi

    [editar | editar a fonte]

    Tres anos máis tarde, Sakura, Naruto, Sai e Yamato van en busca do espía de Sasori, ata a ponte do ceo e a terra. Yamato disfrázase de Sasori para atoparse co espía, que non é outro que Kabuto. Comeza a loita e Orochimaru enfróntase a soas con Naruto que está na forma de catro colas de Kyūbi. Aínda que Orochimaru parece gozar da batalla, os ataques de Naruto son moi potentes e o seu corpo de fraquea ó ser levado ó límite e debe fuxir.

    O desafío de Sasuke e a derrota do Sannin

    [editar | editar a fonte]

    Namentres que Orochimaru xace no seu leito descansando, o seu corpo comeza a fallar e Sasuke aprovéitao para atacalo co Chidori. Entón Orochimaru revela a súa forma verdadeira (Unha serpe branca xigante conformada por máis serpes), e ataca a Saske. A loita remata co Sannin atrapado dentro do corpo de Sasuke.

    Sasuke contra Itachi

    [editar | editar a fonte]

    Avanzada a batalla entre Sasuke e Itachi, o maior dos irmáns vese forzado a empregar a técnica definitiva do Mangekyō Sharingan, o Susanō, despois de fallar co Tsukuyomi e co Amaterasu, e de ser ferido polo Kirin de Sasuke. Sasuke quedou sen chakra e o sannin aproveita a oportunidade liberarse. Logo emprega o Yamata no jutsu sobre Itachi, pero o Susanō desfaise das cabezas da gran hidra. Logo, coa espada Totsuka de Susanō, Itachi sela a Orochimaru nun mundo de genjutsu eterno.

    A Cuarta Gran Guerra Ninja

    [editar | editar a fonte]

    Anko e Danzo buscan a Kabuto quen ten ou pode ter información sobre os resultados das investigacións que facía Orochimaru, xa que el mesmo se implantou ADN do Sannin para facerse máis forte.

    Misións Feitas

    [editar | editar a fonte]
    • Rango D: 16
    • Rango C: 332
    • Rango B: 521
    • Rango A: 50
    • Rango S: 109