Meis
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | O Mosteiro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.706 (2023) (90,67 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51,9 km² | ||||
Altitude | 55 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Marta Giráldez Barral (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Meis | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36637 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36028 | ||||
Sitio web | meis.gal |
Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».
A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.
Poboación
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Meis Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.503 | 4.906 | 5.490 | 5.213 | 5.004 | 5.002 | 4.988 | 4.992 | 5.007 | 5.033 | 5.006 | 4.844 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.
O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.
Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.
Turismo
[editar | editar a fonte]A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.
Festas gastronómicas
[editar | editar a fonte]- Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
- Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.
Meis na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [1].
- Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Meis
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
- ↑ Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meis |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |