Saltar ao contido

A Cañiza

Modelo:Xeografía políticaA Cañiza
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°12′46″N 8°16′28″O / 42.212777777778, -8.2744444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalA Cañiza Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.090 (2023) Editar o valor en Wikidata (47,09 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie108,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude570 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Cañiza Editar o valor en WikidataLuis Antonio Gómez Piña Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Cañiza Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36880 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36009 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcaniza.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460389

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2020 tiña 5122 habitantes (6719 en 2003). O xentilicio é (véxase no Galizionario) canizán[1] ou canicense.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados[2] de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclátor de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) cañicense. A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu que o nome correcto e orixinal era A Caniza[1], forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello[3]. Non obstante, aínda non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta de dita modificación.[4]

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas[3] ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas[5]) e ergueitas polos veciños de Valeixe.[6]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total (habitantes) 5342 (2014)
Menores de 15 anos 632 (11,83 %)
Entre 15 e 64 anos 3159 (59,13 %)
Maiores de 65 anos 1551 (29,03 %)
Evolución da poboación da Cañiza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7923 7655 8186 7810 6782 6583 6461 5511 5416 5342 5230 5234 5233 5173 5180 5122 5115
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (leste da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.

Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.

Bosquexo da Vila de Sta. Teresa de A Cañiza 1838

No ministerio de Defensa consérvase un bosquexo da vila en 1838 por Fernando de Castro

Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo heráldico oficial do concello da Cañiza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:

De prata, un carballo sobre terreiro de sinople, follado e froitado de nove landras de goles; bordura xadrezada de goles e prata.[7]

Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.[8]

[editar | editar a fonte]
  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña [9].
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes da Cañiza.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)

Lugares da Cañiza

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.

  1. 1,0 1,1 1,2 Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "A Cañiza e Riveira". dubidasdogalego.wordpress.com. 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 137. ISBN 84-95892-53-7. 
  4. "A Cañiza e Riveira". Dúbidas do galego. Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canizo.
  6. "Historia da vila na web do Concello" (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2016. 
  7. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 110/2007, do 24 de maio, polo que se aproba o escudo do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  8. DOG, ed. (24 de maio de 2007). "DECRETO 111/2007, do 24 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello da Cañiza (Pontevedra).". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  9. Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Cañiza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]