Saltar ao contido

Max Steiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax Steiner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1888 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, guionista, compositor, compositor de bandas sonoras Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Victor Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGabor Steiner Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000070 Allocine: 35550 Allmovie: p112635 IBDB: 79802
BNE: XX1107975 Musicbrainz: e466fb04-0175-4875-bb39-f50200b66805 Discogs: 283109 Allmusic: mn0000694545 WikiTree: Steiner-3041 Find a Grave: 2077 Editar o valor en Wikidata

Maximilian Raoul Walter Steiner, nado en Viena (Austria) o 10 de maio de 1888 e finado en Hollywood (California) o 28 de decembro de 1971 foi un compositor cinematográfico austríaco nacionalizado estadounidense, coñecido como Max Steiner.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Steiner naceu en Viena, onde se formou musicalmente, estudando na academia musical vienesa con persoeiros como Gustav Mahler. Axiña se ligou á opereta vienesa, creando grandes composicións e sendo recoñecido publicamente. Por mor da primeira guerra mundial tivo que trasladarse aos Estados Unidos, onde comezou a traballar en Broadway, tamén cun rápido éxito. Trala orquestración de Rio Rita foi chamado por Hollywood, co fin de adaptar a súa obra. Comezou na RKO, mais o seu éxito coa banda sonora de King Kong (1933) xunto coa súa amizade con David O. Selznick fíxolle abandonar a produtora, pois necesitaba unha compañía máis potente que puidese soportar o volume e nivel de traballo que era capaz de desenvolver. Entrou na Warner Bros., na que chegou a ser directivo ata a súa morte.

Compuxo a banda sonora de máis de trescentos filmes, entre os que destaca Foise co vento (1939), filme que supuxo o fin do sinfonismo clásico. Nel chegan a crearse dezaseis leitmotivs, que soan cada vez que aparecen as personaxes ou mesmo cando se fala deles.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]