Saltar ao contido

Matrix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Matrix


Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Epónimomatriz Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme de suspense, filme distópico, ciberpunk, suspense de acción, cinema postapocalíptico, cinema de ciencia ficción, filme de acción, Cinema negro e filme de superheroes Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
FranquíaMatrix Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aLana Wachowski e Lilly Wachowski Editar o valor en Wikidata
Compositor/aDon Davis Editar o valor en Wikidata
GuionistaLilly e Lana Wachowski (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaBill Pope (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineZach Staenberg Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalhacker (pt) Traducir, telepresencia, intelixencia artificial e hipótese da simulação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado enGhost in the Shell e Neognosticismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deNational Film Registry Editar o valor en Wikidata
Representa arealidade simulada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso Matrix Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data publicación14 de xullo de 1999 (Suecia)
31 de marzo de 1999 (Estados Unidos de América)
17 de xuño de 1999 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
País orixeEstados Unidos de América e Australia Editar o valor en Wikidata
Produtor/aJoel Silver Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoBruce Berman (en) Traducir, Andrew Mason (en) Traducir, Barrie M. Osborne, Erwin Stoff (en) Traducir, Lana Wachowski e Lilly Wachowski Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraVillage Roadshow Pictures, Warner Bros. e Silver Pictures (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros., InterCom, Netflix e HBO Max Editar o valor en Wikidata
Recadación467.222.728 $ e 172.076.928 $ Editar o valor en Wikidata
Custo63.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Número de
Parte da serieserie de filmes de Matrix Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 16 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeSan Francisco, Sydney e Australia Editar o valor en Wikidata
Premios
Obra derivada
Descrito pola fonte
Puntuación da crítica
Clasificación
Contacto
Páxina WEBwarnerbros.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0133093 Filmaffinity: 932476 Allocine: 19776 Rottentomatoes: m/matrix Mojo: matrix Allmovie: v177524 TCM: 331223 Metacritic: movie/the-matrix TV.com: movies/the-matrix Netlix: 20557937 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.

Neste filme fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.

Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2008.[1]

Thomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»

Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.

Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.

O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia artificial (IA) se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).

Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar a humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será quen de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).

O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1999: 4 Oscars: Mellor montaxe, son, efectos visuais, efectos sonoros.
  • 1999: 2 premios BAFTA: Mellores efectos visuais, son. 5 nomeamentos.
  1. "Matrix na TVG". Diario Siglo XXI. 21 de marzo de 2008. Consultado o 20 de abril de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]