Mary Tyler Moore
Mary Tyler Moore, nada o 29 de decembro de 1936 en Brooklyn (Nova York) e finada o 25 de xaneiro de 2017 en Greenwich (Connecticut), foi unha actriz e presentadora de televisión de estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moore foi coñecida polo papel de Laura Petrie ( a dona de Dick Van Dyke) en The Dick Van Dyke Show (1961–66) e por ser a protagonista de The Mary Tyler Moore Show (1970–77) na que interpretou a Mary Richards, unha muller solteira duns trinta anos que traballa como produtora de noticias en Minneapolis. Tamén apareceu en varios filmes, o máis coñecido foi Xente corrente (1980), onde interpreta un papel oposto aos personaxes de televisión que desenvolvera e polo que foi candidata ao Óscar á mellor actriz. Moore foi tamén unha coñecida activista en prevención e investigación da diabetes mellitus e foi presidenta internacional da Juvenile Diabetes Research Foundation.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Tyler Moore |
- Actores de Nova York
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Activistas dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Produtores de televisión
- Nados en 1936
- Nados en Brooklyn
- Finados en 2017
- Estadounidenses de ascendencia inglesa