Brooklyn
Epónimo | Breukelen (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Cidade | Nova York | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.736.074 (2020) (10.900,69 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 972.314 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 251 km² | ||||
Bañado por | Upper New York Bay (pt) , Lower New York Bay (pt) , Jamaica Bay (pt) , Rio East (pt) e Newtown Creek (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1634 | ||||
Organización política | |||||
• Borough President (en) | Antonio Reynoso (pt) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 112 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Huế Leopoldstadt (pt) Konak (pt) Chaoyang District (en) Yìwū (pt) Beşiktaş (pt) Lambeth (pt) Anzio Bene Beraq (pt) Gdynia (1991–) | ||||
Sitio web | brooklynbp.nyc.gov |
Brooklyn é un dos cinco distritos que conforman a cidade de Nova York. Unha cidade independente ata a súa inclusión dentro do conglomerado urbano de Nova York, en 1898, Brooklyn é o borough máis poboado con preto de 2,5 millóns de habitantes.
Brooklyn concorda cos límites do Kings County (Condado de Reis), o cal é ademais o condado máis populoso do estado de Nova York. Como unha cidade independente a cidade de Brooklyn foi incluída nas catro cidades máis poboadas dos Estados Unidos. Brooklyn obtivo o seu nome en honra ao rei Carlos II de Inglaterra, debido a isto tamén recibe o apelativo de "Cidade de Reis"
A pesar da consolidación con Nova York, Brooklyn mantén unha forte identidade. Foi chamada City of Trees (A cidade das árbores), City of Homes (A cidade das casas) ou tamén City of Churches (A cidade das igrexas) no século XIX, Brooklyn é ás veces chamado "Borough of Homes and Churches" (O distrito das casas e igrexas).
Como un intento de promocional, a administración local colocou sinais de tráfico ao longo das avenidas máis transitadas nos límites de Brooklyn. Colocáronse coloridas expresións asociadas con Brooklyn como "Fugheddaboudit"(Forget about it: esquéceo), "Oy vey" (Oh querido) e "How Sweet it is" (Que doce é isto). Un sinal identifica a Brooklyn como "Home to Everyone From Everywhere" (Fogar para calquera de calquera lugar).
O seu nome provén da cidade neerlandesa de Breukelen, por unha característica común entre estas, en ambas existía un pequeno pantano (broek ou breuk -pronunciado [bruk]-, "pantano", máis o sufixo diminutivo neerlandés elen), de modo que o significado orixinal de Brooklyn é pequeno pantano.
Demografía
[editar | editar a fonte]Comparativa de Brooklyn | |||
---|---|---|---|
Censo 2000 | Brooklyn | NY Cidade | NY Estado |
Poboación total | 2 465 326 | 8 008 278 | 18 976 457 |
Densidade de poboación | 34,920/mi² | 26,403/mi² | 402/mi² |
Ingreso medio por fogar (1999) | 32.135$ | 38.293$ | 43.393$ |
Ingreso per cápita | 16.775$ | 22.402$ | 23.389$ |
Licenciatura ou superior | 22% | 27% | 24% |
Estranxeiros | 38% | 36% | 20% |
Brancos | 41% | 40% | 67% |
Negros | 36% | 29% | 16% |
Hispanos | 20% | 29% | 15% |
Asiáticos | 8% | 10% | 6% |
De acordo ao Censo de 2005, estímase que existen 2 486 235 persoas, 880.727 casas e 583.922 familias residindo en Brooklyn[1]. Das 880.727 casas, o 38,6% pertencen a parellas casadas vivindo xuntas, o 22,3% ten unha muller a cargo da casa sen un marido presente e o 33,7% non ten familias. O 33,3% ten nenos menores de 18 anos vivindo con eles. O 27,8% das casas pertencen a persoas vivindo soas e un 9,8% a persoas que teñen 65 anos ou máis. A media de persoas nunha casa é 2,75 e a media de integrantes nunha familia é de 3,41.
A poboación por idade está distribuída do seguinte xeito: 26,9% por baixo dos 18 anos, 10,3% entre 25 e 44, 20,6% entre 45 e 64 e o restante 11,5% de 65 anos en diante. A media de idade é de 33 anos. Brooklyn ten máis mulleres que homes, sendo a relación de 88,4 homes por cada 100 mulleres.
O ingreso medio por fogar en Brooklyn atópase nos 32.135 dólares e a media de ingreso por familia é de 36.188 dólares. A poboación masculina (34.317 dólares) ten unha entrada económica media maior que a das mulleres (30.156). O ingreso per cápita é de 16.775 dólares. Cerca do 22% das familias e o 25,1% da poboación atópase debaixo do limiar de pobreza, incluíndo ao 34% dos mozos menores a 16 anos e o 21,5% dos maiores de 65 anos.
Os residentes de Brooklyn son coñecidos en lingua inglesa como os Brooklynites e o acento que os distingue é chamado en certas ocasións Brooklynese.
Cultura
[editar | editar a fonte]Deportes
[editar | editar a fonte]Brooklyn foi fogar de moitas figuras coñecidas como Joe Paterno, Joe Torre, Larry Brown, Mike Tyson, Paul Lo Duca, Michael Jordan e Vince Lombardi. Os parques que se atopan a través de Brooklyn como Prospect Park, Marine Park e a comunidade de complexos deportivos en Floyd Bennett Field provén aos residentes da oportunidade de practicar os seus deportes preferidos.
O equipo máis famoso de Brooklyn son os Brooklyn Dodgers e xogaban no Ebbets Field, foron alcumados os "trolley dodgers" como unha referencia aos tranvías que algunha vez atravesaron o distrito.
O máis grande logro dos Dodgers tivo lugar en 1947 cando Jackie Robinson entrou ao campo vestindo o uniforme dos Dodgers, constituíndose así no primeiro afroamericano en participar na Liga Maior de Béisbol estadounidense. En 1955, os Dodgers gañaron a súa primeira e única Serie Mundial en Brooklyn contra o seu clásico rival os Yankees de Nova York. O evento é recordado pois foi celebrado masivamente polos habitantes do distrito. Dous anos despois os Dodgers cambiaron a súa sede aos Ánxeles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ U.S. Census Bureau, "Residential Population and Components of Change New York State and Counties, April 1, 2000 to July 1, 2005." obtido de [1] Arquivado 23 de xullo de 2006 en Wayback Machine. o 4 de agosto de 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brooklyn |
- Fotografía social centrada en Brooklyn - Boogie
- Lugares de interese en Brooklyn Arquivado 12 de setembro de 2007 en Wayback Machine.