Saltar ao contido

Mary Baker Eddy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Baker Eddy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Morse Baker Editar o valor en Wikidata
16 de xullo de 1821 Editar o valor en Wikidata
Bow, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1910 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Chestnut Hill, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPembroke Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLíder relixioso Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, autora, teólogo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
NaiAbigail Ambrose Baker Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Encyclopedia Americana (mul) Traducir
Collier's New Encyclopedia
New International Encyclopedia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1490424 Musicbrainz: 06aff101-4ce0-45a8-a17d-3bde92bfd829 Discogs: 1873239 WikiTree: Baker-6600 Find a Grave: 312 Editar o valor en Wikidata
Monumento funerario de Mary Baker Eddy

Mary Baker Eddy, nada en Bow, Nova Hampshire, 16 de xullo de 1821 e finada en Newton, Massachusetts o 3 de decembro de 1910 foi unha escritora, fundadora da Ciencia Cristiá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1866 afirmou descubrir o mesmo Principio divino que utilizou Xesucristo e terse curado a si mesma de danos críticos na columna vertebral tras sufrir unha caída no xeo o 1 de febreiro dese ano en Lynn, Massachusetts. Na súa obra Retrospection and Introspection, atópanse "as experiencias que a guiaron, no ano 1866, ao desenvolvemento do sistema que denominou Ciencia Cristiá".[1]

En 1875 publicou a primeira edición do libro Science and Health with key to the Scriptures, o alicerce da relixión que fundou. Nel manifestou que "o Principio divino da curación se comproba na experiencia persoal de calquera investigador sincero da Verdade" e que tal foi o seu caso.[2] En 1879 fundou a Igrexa de Cristo, Científico.[3]

Ao longo da súa carreira, Mary Baker Eddy fundou numerosas publicacións. En 1898 fundou a Sociedade Editora da Ciencia Cristiá, encargada dende entón da publicación dos seus escritos e das revistas periódicas como The Christian Science Journal, o Christian Science Sentinel, Herald of Christian Science e o Caderno Trimestral da Ciencia Cristiá.[4]

Mary Baker Eddy propugnou a restitución, mediante a súa igrexa e o sistema de curación por ela desenvolvido, dun cristianismo máis acorde co primitivo e que restaurase o seu "perdido elemento de curación".[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A Asociación Feminina do Libro de Estados Unidos inclúe á súa obra Science and Health nunha lista de 75 libros de mulleres cuxas palabras cambiaron o mundo. O Salón Feminino da Fama dos Estados Unidos incluíuna en 1995 mencionando que "deixou unha marca indeleble na relixión, a medicina e o xornalismo".[6]

Críticas

[editar | editar a fonte]

A Igrexa da Ciencia Cristiá promove un sistema espiritual onde a enfermidade é considerada como non creada por Deus e polo tanto irreal, polo cal a cura dos males do corpo lógrase a través dunha mellor comprensión de Deus, o Espírito. Moitas persoas formáronse nesta escola e predicaban simplemente a través da fala. Esta idea alcanzou unha grande aceptación, volvendo a Igrexa da Ciencia Cristiá unha das institucións economicamente máis prósperas dos Estados Unidos no século XIX.[7]

  1. Baker Eddy, Mary (2000). Ciencia y Salud con Clave de las Escrituras (en castelán). La Junta Directiva de la Ciencia Cristiana. ISBN 0-87952-269-0. 
  2. idem. ISBN 0-87952-269-0. 
  3. Baker Eddy, Mary (1993). Manual de La Iglesia Madre, The First Church of Christ, Scientist, in Boston, Massachusetts. La Junta Directiva de la Ciencia Cristiana. 
  4. Portal de la Sociedad Editora de la Ciencia Cristiana, distribúe os escritos de Eddy e publica as revistas periódicas.
  5. Baker Eddy, Mary (1895). Manual de La Iglesia Madre (89.ª ed.). Trustees Under the Will of Mary Baker Eddy. 
  6. Mary Baker Eddy en National Women's Hall of Fame[Ligazón morta]
  7. Zweig, Stefan. La Curación por El Espíritu (89.ª ed.). Acantilado. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]