Mariya Muzychuk
(2022) | |
Nome orixinal | (uk) Марія Олегівна Музичук |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de setembro de 1992 (32 anos) Lviv, Ucraína |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista |
Membro de | |
Nacionalidade deportiva | Ucraína |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Mestra Internacional Femenina (2005) Gran Mestra Feminina (2007) Mestre Internacional (2008) Grande Mestre de Xadrez (pt) (2015) |
Puntos ELO (màx.) | 2.563 (2019)< |
Identificador FIDE | 14114550 |
Participou en | |
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) |
2016 | Women's Chess Olympiad 2016 (en) |
2014 | Women's Chess Olympiad 2014 (en) |
2014 | Campeonato Mundial Feminino de Xadrez de 2015 (pt) |
2013 | Q16702226 |
2013 | Q13224315 |
2012 | Women's Chess Olympiad 2012 (en) |
2010 | Women's Chess Olympiad 2010 (en) |
Familia | |
Irmáns | Anna Muzychuk |
Premios | |
Mariya Olégivna Muzychuk (en ucraíno: Марі́я Оле́гівна Музичу́к), nada o 21 de setembro de 1992, é unha xogadora de xadrez ucraína e Campioa Mundial Feminina de Xadrez de abril de 2015 a marzo de 2016. Tamén é campioa do equipo europeo e mundial con Ucraína en 2013 e gañadora da medalla de bronce na Olimpíada de xadrez de 2012 e 2014 con Ucraína.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os pais ensináronlle a xogar ao xadrez con dous anos, e aos tres xa coñecía todas as pezas de xadrez.[2] Aos seis anos participou no seu primeiro torneo de xadrez.[3]
Muzychuk gañou a sección para nenas Sub-10 no Campionato de Europa de xadrez xuvenil de 2002 en Peñíscola. En novembro de 2010 clasificouse como a quinta mellor xogadora feminina Sub-20 do mundo.[4]
Conseguiu chegar ao Top 16 do Campionato Mundial Feminino de Xadrez de 2010, mais perdeu contra Dronavalli Harika nun armaxedón despois de empatar nas súas partidas.
Gañou o Campionato Feminino de Xadrez de Ucraína en 2012 e 2013. En 2014 gañou o premio á mellor muller no Masters de Xibraltar.[5]
Converteuse en campioa mundial en 2015. Na primeira rolda empatou coa canadense Yuanling Yuan nos xogos clásicos e derrotouna nos desempates. En segunda rolda empatou coa polaca Monika Soćko nos xogos clásicos e derrotouna nos desempates. En terceira rolda derrotou a excampioa mundial feminina Antoaneta Stefanova nos xogos clásicos por unha puntuación de 1½-½. En cuartos de final derrotou a india Humpy Koneru nos desempates (2½-1½), e venceu a tamén india Dronavalli Harika na semifinal por desempates (3½-2½). Na final venceu a rusa Natalia Pogonina cun resultado de 2½-1½. Coa súa vitoria obtivo o título de Gran Mestra Feminina e clasificouse para a Copa Mundial de Xadrez de 2015 de Bakú (Acerbaixán).[6] Ese ano foi galardoada coa Orde ao Mérito de Ucraína de terceiro grao, polo presidente Petro Poroshenko.[7] Porén, perdeu o título contra Hou Yifan no Mundial do ano seguinte por 3-6.
En 2022 foi convidada a xogar no Club de Xadrez de Paterna, que gañou a liga valenciana.[8]
Estilo de xogo
[editar | editar a fonte]Nas aperturas Muzychuk xeralmente xoga defensa siciliana coas negras, seguido de defensa francesa coas brancas e defensa holandesa coas negras.[9] Ten a capacidade de atopar trucos tácticos inesperados, que ás veces compensan os defectos na súa comprensión posicional.[10] Durante o seu partido polo Campionato Mundial contra Natalia Pogonina, os medios denominárona «Miss Tactics».[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Ten unha irmá máis vella, Anna Muzychuk, quen tamén é unha xadrecista de primeiro nivel. Amais do xadrez, as irmás tamén xogan ao tenis de mesa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Micutaru, Ciprian (5 de abril de 2015). "Ukrainian Mariya Muzychuk is the new Women’s World Champion". Chess DailyNews (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ "Certificate of Title Result Grandmaster" (PDF). FIDE - International Chess Federation. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Gralla, Rene (25 de novembro de 2011). "“We are not the Ukrainian ‘Kosintseva Sisters’! We are the Muzychuk Sisters!”". Chess DailyNews (en inglés) (Hamburgo). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ "Top 20 Girls November 2010". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Ramírez, Alejandro (10 de febreiro de 2014). "Closing Gala in Gibraltar". ChessBase (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Silver, Albert (4 de xuño de 2015). "Mariya Muzychuk is the 15th World Champion". ChessBase (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ "Порошенко наградил чемпионку мира по шахматам Музычук орденом" (en ruso). RIA Novosti. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2024. Consultado o 28 de noviembre de 2017.
- ↑ Martínez de la Calle, Alberto (12 de xuño de 2022). "Anna Muzychuk: «Pagué un alto precio por no jugar en Arabia Saudí. Fue lo correcto»". Las Provincias (en castelán) (Vocento). Consultado o 15 de novembro de 2022.
- ↑ Chess DB (ed.). "Mariya Muzychuk". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 28 de noviembre de 2018.
- ↑ "Mariya Muzychuk". Chess.com. Consultado o 16 de novembro de 2022.
- ↑ "Ukrainian chess player wins 2015 Women's World Championship". UNIAN Information Agency (en inglés). 5 de abril de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2022.