Peníscola
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Baix Maestrat ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.496 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 79 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Altitude | 46 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século VI ![]() | ||||
Evento clave | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Antón Abade ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Andrés Martínez Castellá ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12598 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12089 ![]() | ||||
Código ARGOS de concellos | 12089 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | peniscola.org ![]() |


Peníscola (forma oficial en valenciano, conxuntamente coa forma castelá Peñíscola) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Conta cunha poboación de 7.560 habitantes (INE 2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade sitúase nunha península rochosa, en orixe unida a terra soamente por un istmo de area, que facía fácil a súa defensa e, que en tempos antigos, unha semana ao ano se alagaba e o istmo quedaba sepultado baixo a auga do mar. Actualmente, debido á construción do porto e dos edificios no istmo, este feito desapareceu. Sobre a pena levántase a súa zona vella, da que sobresae o castelo do Papa Luna, dividindo a costa de Peníscola en dúas metades absolutamente diferentes. Dispón de amplas praias tanto ao norte como ao sur da península do castelo e conta tamén con lugares para practicar submarinismo, destacando Torre Badum, lugar no que emerxen do fondo do mar numerosos mananciais de auga doce.
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]Peníscola limita cos municipios de Benicarló, Càlig, Cervera del Maestre, Santa Magdalena de Pulpis e Alcalà de Xivert.
Demografía
[editar | editar a fonte]Peníscola ten 7.560 habitantes (INE 2008).
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2.506 | 2.916 | 3.142 | 3.384 | 2.975 | 3.027 | 2.925 | 2.737 | 2.530 | 2.724 | 3.077 | 3.677 | 3.821 | 4.822 | 6.432 | 6.884 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peníscola ![]() |