Marca de Friúl
A Marca de Friúl foi unha marca raiana carolinxia como defensa contra os húngaros durante os séculos IX e X. Veu substituír o Ducado de Friúl, situado na Lombardía.
Historia
[editar | editar a fonte]O ano 774, cando o reino longobardo de Italia foi conquistado por Carlomagno, este permitiu aos longobardos e posteriormente aos duques francos, continuar gobernando en Friúl, ao cal lle engadiu Panonia como parte do Imperio, como baluarte contra os ávaros e os croatas.
Cando o último duque, Baldrico (que morreu o ano 828 en Aquisgrán), foi deposto do cargo o ano 827, o ducado foi dividido en catro condados. O ano 846 estes condados foron reunidos de novo e outorgados a Eberhard co título de Duque, malia os seus sucesores seren chamados Marqueses.
O ano 887, Berengario de Friúl foi escolleito Rei de Italia. A súa elección provocou que durante décadas se producisen loitas entre rivais que reclamaban o trono. O ano seguinte, Berengario perdeu o trono e malia intentalo en diversas ocasións, non o recuperou ata o ano 905. Despois da súa morte o ano 924, Hugo de Arlés foi escolleito como sucesor. Este non foi nomeado marqués e a marca quedou vacante, malia que a marca permaneceu como unha división política do Reino de Italia durante a Alta Idade Media.
Marqueses de Friúl
[editar | editar a fonte]- 846-863 Eberhardo tamén Duque de Friúl.
- 863-874 Unroch (III).
- 874-888 Berengario, tamén Emperador.
- 891-896 Walfredo.