Ducado de Friúl
O Ducado de Friúl foi un dos grandes ducados da Lombardía. Serviu de 'parachoques' entre Italia e os pobos eslavos, a pesar de que, a miúdo, xunto cos ducados de Spoleto, Benevento e Trento, Friúl intentaba establecer a súa independencia da autoridade real.
A provincia de Friúl foi a primeira de Italia que conquistaron os longobardos guiados por Alboíno o ano 568. Alboíno deixou o goberno da rexión en mans do seu sobriño, Xisulfo I de Friúl, ao cal se lle permitir escoller as familias nobres coas que se quería establecer. O lugar orixinal situouse entre os Alpes Cárnicos polo norte e os Alpes Xulianos polo leste, onde o acceso era bastante difícil. Estaba rodeado polo Exarcado de Rávena polo sur, onde non tivo acceso ao mar ata máis adiante, e por unha chaira que conducía a Panonia, un punto de acceso perfecto para os invasores como os croatas, os ávaros, e posteriormente os húngaros. A beira oeste do territorio estivo sen definir ata que posteriores conquistas estableceron o Ducado de Ceneda, situado alén do río Tagliamento. Orixinalmente a capital da provincia foi Aquileia, pero a capital longobarda de Friúl foi Forum Iulii, actualmente Friúl.
O ano 615 conquistouse Concordia (situada na actual Suíza) e o 642 Opitergium (actual Oderzo). De dita forma os duques estenderon a súa autoridade cara ao sur en contra do Exarcado de Rávena. O ano 663, a capital foi conquistada polos ávaros por un breve período de tempo, xa que Grimoaldo I de Benevento non tardou en recuperala. Despois do asedio de Pavia o ano 774, Carlomagno permitiu a Hrodgaud de Friúl conservar o ducado, o cal continuou baixo o poder dos francos ata o ano 828, momento en que se dividiu en condados e desapareceu. Posteriormente volvéronse reunir baixo a Marca de Friúl o ano 846.
Lista de duques e marqueses de Friúl
[editar | editar a fonte]Os duques e marqueses de Friúl foron os gobernantes do Ducado e a Marca de Friúl durante a Idade Media.
Duques longobardos
[editar | editar a fonte]- 568/c.584-590: Xisulfo I de Friúl.
- 590-610: Xisulfo II de Friúl.
- 610-617: Tasón de Friúl.
- 610-617: Caccón de Friúl.
- 617-651: Grasulfo II de Friúl.
- 651-663: Agón de Friúl.
- 663-666: Lopo de Friúl.
- 666: Arnefrido de Friúl.
- 666-678: Vechtari de Friúl.
- 678-???: Landari de Friúl.
- ???-694: Rodoaldo de Friúl.
- 694: Ansfrido de Friúl.
- 694-705: Adón de Friúl.
- 705: Ferdulfo de Friúl.
- 705-706: Córvulo de Friúl.
- 706-739: Pemón de Friúl.
- 739-744: Ratchis, tamén Rei dos longobardos.
- 744-749: Aistulfo, tamén Rei dos longobardos.
- 749-751: Anselmo de Friúl.
- 751-774: Pedro de Friúl.
- 774-776: Hrodgaud de Friúl.
Nomeamentos carolinxios
[editar | editar a fonte]Duque
[editar | editar a fonte]- 776-787: Marcario de Friúl.
- 789-799: Eric de Friúl.
- 799-808: Hunfrido de Friúl.
- 808-817: Aión de Friúl.
- 817-819: Cadaloh de Friúl.
- 819-823: Baldrico de Friúl.
Marqueses
[editar | editar a fonte]- 846-863: Eberardo tamén Duque de Friúl.
- 863-874: Unroch (III).
- 874-888: Berengario, tamén Emperador.
- 891-896: Walfredo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Tradución ao inglés.
- Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.