Madeirudo
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Madeirudo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Boletus edulis Bull. (1782) | |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
O madeirudo ou boleto bo[2] (Boletus edulis) é o nome dun cogomelo comestible, pertencente ao xénero das andoas ou boletos (Boletus). Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopilus felleus ou coa andoa escura (Boletus badius).
Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Do latín edulis, «comestible», aínda que derivado do grego.
O nome vulgar galego madeirudo pode que veña polo aspecto robusto do pé (coma madeira).
Determinación e características
[editar | editar a fonte]A forma deste cogomelo é moi característica, quizais similar á dun tapón de cava. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro. O himenio está unido ó pé; é desde o chapeu de cor branca.
O madeirudo na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Por madeirudos no souto, non corras atrás doutro. Os Madeirudos (en xeral Boletus de carne branca, que non viran de cor) son moi doados de recoñecer e non hai risco de lamentábeis confusións. Pode darse o caso de encotrar un madeirudo fel (Tylopilus felleus) amargo como o fel polo sabor amargo da carne, que é insoportábel aínda cun pequeno anaco.
- Polo souto amodiño ollear, se madeirudos queres atopar
- Setembro mollado, cogordo no castaño
- Cogordo do carballiño, canto mais zoncho mais fino
- Fungo repoludo, ou cogordo ou madeido[3].
Usos Gastronómicos
[editar | editar a fonte]Este cogomelo é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino do cogomelo indica esta característica: en latín edulis significa "comestible". Adoita empregarse tanto cociñada como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne deste cogomelo é branca (tirando cara a marrón) e compacta, tanto no chapeu como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan mostrar unha carne máis branda. Non adoita despedir cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.
Posibles confusións
[editar | editar a fonte]Pódese confundir co Boletus reticulatus, pero este non ten a marxe esbrancuxada, a súa cor é uniforme, e a cutícula mate, seca e finamente reticulada. Tamén é un excelente comestible.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boletus edulis Bull. 1782". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2010-10-21.
- ↑ No segundo lugar no Setestrelo do Portal das Palabras referido a fungos: [1]
- ↑ Ditos_e_refr%E1ns_dos_cogomelos_Cogordo_do_carballi%F1o... Na web de Galicia Encantada
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madeirudo |