Saltar ao contido

Luis del Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis del Sol

(1969) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis del Sol Cascajares Editar o valor en Wikidata
6 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata
Arcos de Jalón, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 2021 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 1973 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1954 cesión CD Utrera
1953–1959   Real Betis Balompié 101(27)
1960–1962   Real Madrid CF 55(22)
1962–1970 Juventus FC 228(20)
1970–1972   AS Roma 50(4)
1972–1973   Real Betis Balompié 17(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1957–1959   España B
1959–1959   España sub-21 1(0)
1960–1966   España 16(3)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
xuño de 1964Eurocopa de Fútbol España 1964
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 174497 UEFA: 38181 Editar o valor en Wikidata

Luis del Sol Cascajares, nado en Arcos de Jalón o 6 de abril de 1935 e finado en Sevilla o 20 de xuño de 2021, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba como centrocampista e comezou a súa carreira no Betis, no que militou durante sete tempadas. Xogou dous anos no Real Madrid, co que gañou dúas ligas, unha Copa do Xeneralísimo, unha Copa de Europa e unha Copa Intercontinental, e a continuación pasou unha década no fútbol italiano. Foi o primeiro español en xogar na Juventus, na que militou oito anos, e posteriormente xogou dous anos na Roma, club do que foi capitán.

Foi internacional coa selección española, coa que disputou dúas Copas do Mundo (1962 e 1966) e coa que se proclamou campión da Eurocopa de 1964.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Betis e Real Madrid

[editar | editar a fonte]

Naceu en Arcos de Jalón, na provincia de Soria, trasladándose coa súa familia a Andalucía aos dous meses de idade. Tras xogar en varios equipos infantís, aos 16 anos ingresou no equipo xuvenil no Real Betis. Xogou unha tempada cedido no Utrera, e na tempada 1954/55 debutou co primeiro equipo na Segunda División. Titular indiscutible no club branco e verde durante as seguintes seis tempadas, logrou o ascenso á Primeira División na 1957/58. Debutou na máxima categoría nun partido ante o Granada, e completou o seu paso polo Betis con 190 partidos oficiais e 45 goles.[1]

En abril de 1960 foi traspasado ao Real Madrid por 6 millóns de pesetas.[2] Estreouse co equipo branco nas semifinais da Copa de Europa ante o FC Barcelona, e foi titular tamén na final de Hampden Park, onde o seu equipo se proclamou campión goleando ao Eintracht Frankfurt por 7-3. Ademais marcou catro goles na Copa do Xeneralísimo, alcanzando a final, onde o Real Madrid perdeu ante o Atlético de Madrid.

Na seguinte campaña conquistou a primeira edición da Copa Intercontinental, sendo titular nos dous partidos ante Peñarol. A continuación debutou co club branco na liga, marcando 17 goles que contribuíron a que o equipo de Miguel Muñoz lograse o título por diante do Atlético.[1]

No verán de 1962, con 27 anos, trasladouse a Italia para fichar pola Juventus FC, converténdose no primeiro futbolista español na historia do club e no terceiro español na Serie A, despois de Luis Suárez e Santisteban.[3] Militou no club piemontés durante oito tempadas e vestiu o número 10 dende a marcha de Omar Sívori ao Napoli en 1965.[4] Disputou un total de 292 partidos oficiais durante a súa etapa en Turín, marcando 29 goles e gañando unha liga e unha Copa de Italia.[1][5][6]

En 1970 fichou pola Roma, onde sucedeu ao seu paisano Joaquín Peiró como capitán do equipo. Militou alí durante dous anos, disputando 57 partidos e marcando catro goles.[7][8]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Despois dunha década en Italia, regresou ao Betis para a campaña 1972–73. Xogou 17 partidos no equipo adestrado polo húngaro Ferenc Szusza, que acabou descendendo á Segunda División, momento no que Del Sol decidiu colgar as botas aos 38 anos de idade.

Selección española

[editar | editar a fonte]
Del Sol e Luis Suárez coa selección española en 1962

Foi 16 veces internacional coa selección española, coa que marcou tres goles.[5] Debutou o 15 de maio de 1960 no estadio Santiago Bernabéu, xogando a segunda metade nun amigable contra Inglaterra que rematou con vitoria por 3-0.[9]

Participou en dúas Copas do Mundo, en 1962 e 1966 (xogando catro partidos en total), e formou parte do equipo gañador da Eurocopa de 1964, aínda que non chegou a xogar ningún minuto na fase final.[1][5]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada dos terreos de xogo fíxose adestrador e traballou durante anos na canteira do Betis. Dirixiu tamén o filial, o Betis Deportivo, e en 1986 colleu as rendas do primeiro equipo na Primeira División, experiencia que repetiu no 2001.[1] Dirixiu un total de 77 partidos oficiais do primeiro equipo do Betis e pasou brevemente por outros conxuntos como o Jerez Industrial ou o Recreativo de Huelva.

Morreu o 20 de xuño de 2021 en Sevilla, aos 86 anos.[10]

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Centrocampista completo, Del Sol foi considerado un dos mellores xogadores do mundo na súa posición durante a década de 1960. Fisicamente forte, dinámico, intelixente e tecnicamente hábil, era coñecido principalmente polo seu ritmo e a súa tenacidade e resistencia, e destacou tamén pola súa habilidade para perseguir os rivais, romper os movementos dos contrarios e seguidamente comezar xogadas de ataque, grazas ao seu movemento e distribución do balón. Ademais das súas habilidades técnicas, tamén era coñecido polo seu forte carácter, liderado, temperamento e dedicación no campo.[1][5][7][8][11][12]

Pola súa habilidade para repartir balóns, o seu compañeiro Alfredo Di Stéfano púxolle o alcume de "carteiro".[1][5][7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Betis
Real Madrid
Juventus
Roma
Selección española
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Del Sol". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  2. "Del Sol, un andaluz nacido en tierras sorianas, firma un contrato fabuloso con el Real Madrid". ABC (en castelán). 9 de abril de 1960. p. 74. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  3. Galasso, Vito (2019). La storia della grande Inter in 501 domande e risposte p. 157. ISBN 978-88-227-3910-0. (en italiano). Newton Compton Editori. p. 157. ISBN 978-88-227-3910-0. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  4. "Da Ferrari a Bernardeschi: la Juve e l'importanza della maglia numero 10" (en italiano). 24 de xullo de 2017. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Bedeschi, Stefano (6 de abril de 2017). "Gli eroi in bianconero: Luis DEL SOL" (en italiano). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  6. "Players and coaches who unite Juve and Madrid". UEFA (en inglés). 5 de maio de 2015. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Eight Spanish stars who've played for Roma" (en inglés). 17 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "From Del Sol to Totti: The last 10 Roma captains" (en inglés). 6 de abril de 2016. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  9. "España, 3 - Inglaterra, 0". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de maio de 1960. p. 3. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  10. "Muere Luis del Sol, leyenda del Betis". Marca (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  11. Damascelli, Tony (4 de maio 2015). "Da Del Sol a Morata, un filo tra Juve e Real". Il Giornale (en italiano). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  12. "Del Sol allo Juventus Museum". Juventus F.C. (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. Consultado o 28 de abril de 2022.