Saltar ao contido

Luciana Aymar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuciana Aymar

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luciana Paula Aymar Editar o valor en Wikidata
10 de agosto de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey, modelo Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre herba Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivahóckey sobre herba Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAtacante Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Seleção Argentina de Hóquei sobre a grama feminino
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: luciana-aymar Editar o valor en Wikidata

Luciana Paula Aymar, nada en Rosario o 10 de agosto de 1977 é unha ex xogadora arxentina de hóckey sobre herba.[1]

É a única xogadora da historia que recibiu oito veces o premio da FIH á mellor xogadora do ano,[2] e está considerada a mellor xogadora de hóckey de todos os tempos.[3][4][5]

Aymar é coñecida pola súa capacidade de superar as rivais empregando mediante cambios e releos. Por este motivo recibiu os alcumes de "La Maga" ("A maga") e "A Maradona do hóckey sobre herba". Foi a abandeirada da Arxentina nos Xogos Olímpicos de 2012, sendo a segunda xogadora deste deporte que o fai, despois de Marcelo Garraffo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aymar comezou a xogar aos sete anos no Club Atlético Fisherton de Rosario. Seis anos despois cambiouse ao Jockey Club de Rosario. Gradualmente comezou a adestrar coa selección nacional júnior, para o que viaxaba todos os días a Buenos Aires. Na súa carreira internacional xogou no Rot Weiss Köln de Alemaña e no Real Club de Polo de España. No seu país, xogou no Quilmes Atlético Club e no GEBA, co que gañou a Liga Nacional e o Torneo Metropolitano. En 1997 formou parte da selección júnior da Arxentina que gañou o campionato júnior dos Xogos Panamericanos e a medalla de bronce na Copa do Mundo de Hóckey júnior. O ano seguinte debutou coa selección absoluta, acabando cuartas na Copa do Mundo.

Aymar pertence á xeración de xogadoras arxentinas que gañou varios torneos internacionais a partir dos Xogos Panamericanos de 1999, incluíndo catro medallas olímpicas e seis Trofeos de Campioas. Foi membro dos equipos que gañaron as Copas do Mundo de 2002 e 2010, a última delas na súa cidade natal de Rosario.

En 2008 foi declarada "Lenda do Hóckey" pola International Hockey Federation.

Xogou o seu último partido internacional coa Arxentina o 7 de decembro de 2014 en Mendoza, onde gañou o seu sexto Trofeo de Campioas.

Club País Anos
Rot-Weiss Köln Alemaña Alemaña 1998
Real Club de Polo España España 1999
Quilmes Arxentina 2000 - 2007
Gimnasia y Esgrima Arxentina 2007 - 2011
  1. "Lucha Aymar Bio, Stats, and Results - Olympics at Sports-Reference.com". Arquivado dende o orixinal o 17-04-2020. Consultado o 5-12-2014. 
  2. "Amazing Aymar lands eighth FIH Player of the Year crown". 8-12-2013. Consultado o 8-12-2013. 
  3. Redacción (14 de novembro de 2010). "Luciana Aymar, otra vez la reina del planeta". canchallena.com (en castelán). Archived from the original on 14 de novembro de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2010. 
  4. "Top 10 greatest fild hockey players". The Telegraph (en inglés). 
  5. "Luciana Aymar, the all time greatest hockey player..." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]