Lingua urum
Aparencia
Urum Урум | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [uˈrum] | |
Falado en: | Xeorxia e Ucraína | |
Total de falantes: | 190 000 (2000) | |
Familia: | Linguas turcas Turco shaz Linguas kipchak Kipchak occidental Urum | |
Escrita: | Cirílico e grego | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | uum
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua urum é unha lingua da familia turca falada polo pobo urum de orixe grega que habita en Xeorxia e o sueste de Ucraína. Co paso dunhas poucas xeracións, os nenos urum están a aprender outras linguas máis comúns da rexión caucásica, deixando un número moi limitado de novos falantes.[2] A miúdo é considerada unha variedade da lingua tártara de Crimea.
O termo urum deriva do termo árabe روم (rūm), que quere dicir romano e subsecuentemente bizantino e grego. En turco otomán baixo o Imperio Otomán, rum refírese ós cristiáns ortodoxos que viven no Imperio; en turco moderno, rum refírese ós gregos que viven en Turquía. A poboación turcófona de Xeorxia a miúdo é confundida coa comunidade distintiva de Ucraína.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Did you know Urum is endangered?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ Казаков, Алексей (decembro de 2000). "Понтийские греки" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2008. Consultado o 08 de febreiro de 2018.
- ↑ Gordon, Raymond G. (ed.) (2005). Ethnologue: Languages of the World, ed. "Ethnologue Report for Urum". SIL International.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a proba da Wikipedia en Lingua urum |