Liñas de Fraunhofer
As liñas de Fraunhofer son as bandas de absorción do espectro solar que foron redescubertas no 1814 por Fraunhofer, o descubrimento orixinal atribúese hoxe ao químico inglés William Hyde Wollaston, que as viu por vez primeira o ano 1802.
O espectro continuo do Sol observado ao traverso dun prisma atopouse cuberto por un gran número de raias sombreadas ou practicamente negras: certas lonxitudes de onda faltan, ou son moi pequenas na luz do Sol. Fraunhofer elaborou un estudo sistemático da lonxitude de onda destas bandas, unhas 570 liñas asignando as principais bandas letras maiúsculas (da A a K), e para as mais febles letras minúsculas.
Este descubrimento marcou o nacemento da espectroscopia astronómica. Con posterioridade, cos traballos de Kirchoff e Bunsen, interpretaronse as liñas como o espectro de absorción dos elementos químicos presentes na atmosfera da estrela, servindo de análise quimico da estrela en cuestión. No caso da espectroscopia estelar dende a terra debese ter en conta a absorción do espectro por parte dos elementos químicos presentes na atmosfera terrestre (que teñen que ser eliminados do espectro da estrela), o que non e necesario na espectroscopia espacial.
Denominación | Elemento | Lonx. de onda (nm) | Denominación | Elemento | Lonx. de onda (nm) | |
---|---|---|---|---|---|---|
y | O2 | c | Fe | 495,761 | ||
Z | O2 | 822,696 | F | H β | 486,134 | |
A | O2 | 759,370 | d | Fe | 466,814 | |
B | O2 | 686,719 | e | Fe | 438,355 | |
C | H α | 656,281 | G' | H γ | 434,047 | |
a | O2 | 627,661 | G | Fe | 430,790 | |
D1 | Na | 589,592 | G | Ca | 430,774 | |
D2 | Na | 588,995 | h | H δ | 410,175 | |
D3 (ou d) | He | 587,565 | H | Ca+ | 396,847 | |
E2 | Fe | 527,039 | K | Ca+ | 393,368 | |
b1 | Mg | 518,362 | L | Fe | 382,044 | |
b2 | Mg | 517,270 | N | Fe | 358,121 | |
b3 | Fe | 516,891 | P | Ti+ | 336,112 | |
b4 | Fe | 516,751 | T | Fe | 302,108 | |
b4 | Mg | 516,733 | t | Ni | 299,444 |
As liñas de Fraunhofer C-, F-, G'- e h- (de absorción) resultan ser un "negativo fotográfico" das Liñas de Balmer alfa, beta, gamma e delta do espectro de emisión do átomo de hidróxeno. As liñas D1 e D2 forman o coñecido "dobrete de sodio", con lonxitude de onda central (589,29 nm) a que se asigna a letra "D".
Nótese que non hai consenso na literatura científica para algunhas denominacións; p.ex., a liña "d" de Fraunhofer pódese referir a liña cyan do ferro nos 466,814 nm, ou alternativamente a liña amarela do helio (tamén etiquetada D3) nos 587,565 nm.
As liñas de Fraunhofer pódense usar para caracterizar as propiedades do índice de refracción e dispersión dos materiais ópticos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Liñas de Fraunhofer |