Saltar ao contido

Laocoonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaocoonte

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Λᾱοκόων Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoTroia, Turquía Editar o valor en Wikidata
MorteTroia, Turquía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote de Apolo Editar o valor en Wikidata
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntiope Editar o valor en Wikidata
Fillosvalor descoñecido, Antiphas Editar o valor en Wikidata
PaiAcoetes
Cápis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4812329

Na mitoloxía grega Laocoonte[1] (en grego Λαοκόων Laokóōn) era o sacerdote de Apolo Timbreo[2] en Troia, casado con Antiopa e pai de dous fillos. Segundo o relato de Virxilio na Eneida, despois de que os cercadores aqueos simulasen unha retirada, os troianos atoparon un cabalo construído de madeira nas portas de Ilión.

Laocoonte pronuncia a famosa frase Timeo Danaos et dona ferentes (Desconfío dos dánaos (gregos) mesmo cando traen agasallos),[3] alertando os troianos de que podería ser unha trampa, que dentro do cabalo podía haber tropas aqueas e suxeriu queimalo, pero os troianos non lle fixeron caso. Na súa ousadía lanzou paus en chamas para tratar de queimar o cabalo de madeira, nese intre dúas grandes serpes emerxeron das augas e devoraron os seus fillos; angustiado, guindouse a loitar contra as serpes resultando tamén devorado.

Virxilio explicou que da tradición se desprende que o castigo de Laocoonte se debe á profanación que supón tratar de destruír un agasallo á deidade, razón pola cal ninguén creu nel. Outra tradición di que Laocoonte rompera a prohibición de Apolo ao casar e ter fillos. Outra fonte sinala que Laocoonte profanara a imaxe de Febo, cando se uniu en himeneo diante da imaxe.

O conxunto escultórico do Laocoonte

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Laocoonte e os seus fillos.

O conxunto escultórico do Laocoonte pertence á escola de Rodas. Os seus autores foron Axesandro, Polidoro e Atenodoro. Foi esculpido orixinalmente en mármore rosado e branco. Mide 2 metros e 42 centímetros. Atópase exposto actualmente nos Museos Vaticanos.

A escultura representa o intre no que o sacerdote (Laocoonte) e os seus dous fillos son atacados por serpes. Segundo os críticos de arte o conxunto escultórico representa a impotencia e a dor sobrehumana. Teorizadores sobre a arte como Lessing propuxeron a partir do estudo do berro de Laocoonte unha poética sobre a arte.

Ten unha estrutura oblicua, de vulto redondo; desaparecen a serenidade e o equilibrio clásicos. O período helenístico resalta polas súas catro escolas: a de Atenas, a de Alexandría, a de Rodas e a de Pérgamo. As principais fontes do helenismo foron as cidades e esta escola xurdiu tras a morte de Alexandre Magno.

Cando a escultura se descubriu en 1506, faltáballe o brazo dereito, polo que se fixo un novo brazo en posición estendida. Con todo, cando en 1957 se descubriu o brazo orixinal, estaba dobrado, precisamente na posición que Miguel Anxo propuxera para a reconstrución. A estatua foi adquirida para o Vaticano polo papa Xulio II.

  1. "Laocoonte". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1193. 
  2. Apelativo de Apolo que fai referencia ó templo a el dedicado, en Timbra, unha rexión inmediata a Troia.
  3. Eneida II, 49.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]