La Gamba (escultura)
La Gamba ou Gambrinus é unha escultura de grandes proporcións deseñada polo español Javier Mariscal que representa unha cigala.
A obra, inaugurada en 1989, empezou sendo un elemento de reclamo para un dos varios restaurantes do Moll de la Fusta de Barcelona deseñado polo arquitecto Alfred Arribas, amigo de Mariscal.
Cando remataron os eventos dos Xogos Olímpicos do 92, varios bares e restaurantes da zona tiveron que pechar, incluído o restaurante que tiña a obra de Mariscal. Tras o peche do local e varios litixios posteriores, a obra quedou no mesmo lugar como propiedade do Concello de Barcelona, converténdose nun símbolo popular da remodelación que sufriu a zona costeira barcelonesa pouco antes dos Xogos Olímpicos.
En decembro de 2004 foi restaurada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopèdia Catalana (2006). Enciclopèdia de Barcelona, Vol. 3 (en catalán). ISBN 84-412-1397-6.