Saltar ao contido

Laónico Calcocondilas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaónico Calcocondilas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1423 Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortep. 1490 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, escritor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGemistos Plethon e Miguel Apostólio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGiorgios Chalkokondyles Editar o valor en Wikidata
ParentesDemétrio Calcondila, curmán Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1243267

Laónico Calcocondilas (en grego: Λαόνικος Χαλκοκονδύλης, de λαός "xente", νικᾶν "ser vitorioso") ou Calcondilas, nado en Atenas en 1423 e finado en 1490, foi un cronista grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formaba parte da familia dos Calcocondilas, unha importante familia patricia ateniense na que o seu pai, Xurxo foi embaixador da duquesa de Atenas, María Melissena, e do déspota de Morea Constantino Paleólogo. Por causas políticas enfrontouse a Nerio Acciajuoli, duque de Atenas e tivo que se exiliar xunto á súa familia e irse a vivir ao Despotado de Morea.

Laónicos (anagrama de Nicolaos, o seu nome de pila, que non quería utilizar), foi o último dos grandes historiadores gregos anteriores á caída de Constantinopla en poder dos turcos en 1453 (de acordo co calendario xuliano). Cando Atenas caeu en poder dos turcos algúns din que se foi xunto co seu irmán Demetrio a Venecia e outros sosteñen que non estivo en Venecia senón que regresou a Atenas, opinión apoiada no feito do bo coñecemento que demostra ter Laónico sobre os temas gregos e dos Balcáns e a ausencia de referencias a el entre os humanistas italianos.[cita [Cómpre referencia][1]

Estaba moi versado nas literaturas grega e latina. Con ocasión de ir de embaixador ante o sultán Murat II, quen, por certo, o retivo como prisioneiro en Adrianópole, valéndose del como secretario para a lingua grega), aprendeu e perfeccionou a lingua turca. Escribiu unha Exposición da historia en dez libros tamén coñecida como Historia dos turcos que continúa a Grégoras e narra os feitos dos turcos e a destrución do imperio de Oriente desde 1297 a 1464, cando Mahomet II empezou a guerra contra Venecia, en dez libros; algúns historiadores achácanlle certa credulidade.

Só se coñece unha obra súa: Αποδείξεις Ιστοριών (Demostracións históricas), obra de dez libros na que, aínda que o centro da súa obra é o novo Imperio dos turcos, pretendeu ofrecer unha historia xeral de todo o mundo coñecido entre 1389 e 1464, algo novo, como tamén o foi relatar os acontecementos situándoos nun conxunto histórico e xeográfico xeral. Por iso é considerado o último dos bizantinos e o primeiro grego moderno. Na súa obra, que non puido terminar, utiliza como fontes a obra de Nicéforos Gregorás e de Xurxo Sfrantzés, xunto a fontes turcas aínda que se supón que a maior parte da información a obtivo directamente das cortes de Constantinopla e de Morea, e quizais de comerciantes. Na súa obra apréciase a súa imparcialidade cando escribe tanto dos turcos como dos latinos e o seu intento de imitar o estilo dos historiadores clásicos. O seu propósito é describir a caída do Imperio romano de Oriente e o auxe do Imperio Otomán.

A súa obra, dividida en dez libros, estrutúrase do seguinte modo:

  • O libro I ofrece datos sobre feitos anteriores a 1389 e sobre a orixe dos turcos.
  • Os libros II e III dedícanse a acontecementos do período de reinado de Bayezid I, até 1402.
  • O libro IV fala do período comprendido entre 1402 e 1421, cando reinaron os fillos de Bayezid.
  • Os libros V, VI e VII sitúanse no período do reinado de Murad II, até 1451. Neles dáse noticia de moitos feitos históricos ocorridos no mundo cristián.
  • Os libros VIII, IX e X tratan acontecementos ocorridos durante o reinado de Muhamet II, até 1464[2].

Edicións da súa obra

[editar | editar a fonte]
  • A obra histórica de Laónico Calcocondilas foi primeiro publicada en 1615 por J. B. Baumbach.
  • As dúas mellores edicións son: Historiarum Libri Decem, ed. I. Bekker, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae (Bonn 1843) e Historiae Demonstrationes, 2 vols., ed. E. Darko, (Budapest 1922-7). O texto pode tamén acharse en J.-P. Migne, Patrologia Graeca, volume 159.
  • Unha tradución ao francés publicouna Blaise de Vigenère en 1577 e unha posterior edición por Artus Thomas, con valiosas ilustracións sobre materia turca.
  • Unha tradución ao inglés dos Libros I-III áchanse en Laonikos Chalkokondyles. Tradución e Comentarios con Demostracións de historias, traduciu Nikolaos Nikoloudis (Atenas 1996) e o Libro VIII en J. R. Melville Jones, The Siege of Constantinople: Seven Contemporary Accounts (Ámsterdam 1972), pp. 42–55.
  • Hai extractos biográficos de Laónico e o seu irmán Demetrio en grego por Antonius Calosynas, un médico de Toledo, quen viviu na última parte do s. XVI: ver en C. Hopf, Chroniques Gréco-romanes (París 1873), pp. 243–5.
  1. ""Conquista 1453" inflama el nuevo orgullo turco". Clarín. 
  2. Mosjos Morfakidis Filaktos, La península ibérica en la obra de Calcocondilas Arquivado 16 de xullo de 2020 en Wayback Machine., pp. 69-73, en la revista Erytheia: Revista de estudios bizantinos y neogriegos, Nº. 6, 1, 1985, ISSN 0213-1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • E. Darko, 'Zum leben Laonikos Chalkondyles', Byzantinische Zeitschrift 24 (1923-4) 29-39
  • Jonathan Harris, ‘Laonikos Chalkokondyles and the rise of the Ottoman Empire’, Byzantine and Modern Greek Studies 27 (2003), 153-70.
  • Karl Krumbacher, Geschichte der byzantinischen Litteratur (Berlin, 1897)
  • William Miller, 'The last Athenian historian', The Journal of Hellenic Studies 42 (1922), 36-49.
  • Nikolaos Nikoloudis, 'Laonikos Chalkokondyles on the Council of Florence', Ekklesiastikos Pharos 3 (1992) 132-4.
  • Speros Vryonis, ‘Laonikos Chalkokondyles and the Ottoman budget’, International Journal of Middle East Studies 7 (1976), 423-32, and reprinted in Vryonis, Studies on Byzantium, Seljuks and Ottomans, Non. XII.
  •  Varios autores (1910-1911).Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).  Chisholm, Hugh, ed. (1911). "cómpre nome do artigo". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]