Saltar ao contido

Keros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKeros
Imaxe

Localización
Mapa
 36°53′29″N 25°38′55″L / 36.8914, 25.6486Coordenadas: 36°53′29″N 25°38′55″L / 36.8914, 25.6486
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasNaxos (pt) Traducir
ConcelloNaxos and Lesser Cyclades Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2011) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie15 km² Editar o valor en Wikidata
Medición3,6 (ancho) × 6,7 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude432 m Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5286739

Keros (grego: Κέρος) é unha illa grega deshabitada. Pertence ao arquipélago das Cícladas, máis concretamente ás Cícladas menores, e está situada a uns 10 quilómetros ao sueste de Naxos. É unha das Cícladas menores xunto a Irakleia, Schoinoussa, Antikeros, Giaros e Kuofonisi. Administrativamente forma parte da comunidade de Koufonisia.

Trátase dunha illa montañosa, de clima seco, caloroso no verán e amornado no inverno. Ten unha superficie de 15 km² e o seu punto máis elevado é o Monte Keros, de 432 metros sobre o nivel do mar.

Na actualidade a illa atópase deshabitada, aínda que en distintas escavacións atopáronse restos da antiga civilización cicládica que floreceu sobre o ano 2500 a.C. O habitante máis soado da illa foi Athenasagoras. Keros é especialmente coñecida polas estatuas de mármore de face plana que posteriormente inspiraron a Pablo Picasso e Henry Moore. Agora está prohibido desembarcar en Keros.

Cabeza da figura dunha muller, 2700 aC-2300 aC, da cultura Keros

Tesouro de Keros

[editar | editar a fonte]

O "Tesouro de Keros" é un depósito moi grande de figuras das Cícladas que se atopan na illa de Keros.

Durante o período 2006-2008, o Proxecto Cambridge Keros, co-dirixido por Colin Renfrew con outros, fixeron escavacións en Kavos na costa oeste da illa.[1] Esta zona en xeral crese que é a orixe do chamado "Tesouro de Keros" de figurillas cicládicas fragmentarias.[2] O material escavado en 2006-2008 inclúe figuritas das Cícladas, vasos e outros obxectos de mármore, todo roto previamente a súa deposición e o máis probable roto noutro lugar e levado a Kavos para tiralo. A falta de unión dos fragmentos demostra que só unha parte do material roto foi depositado aquí, mentres que os estudos en curso da cerámica e outros materiais mostran que o material foi traído desde múltiples fontes para a deixalo aquí.

Músico de arpa de Keros, 2600 adC Museo arqueolóxico nacional, Atenas

En 2007-2008, o mesmo proxecto identificou e escavou un substancial asentamento do período ciclaico na próxima illa de Dhaskalio. Foi escavada unha gran superficie, revelando un edificio sólido de 16 metros de longo e 4 metros de ancho, o máis grande deste período nas Cícladas,dentro do cal descubriuse o "tesouro Dhaskalio" que comprende un cicel, unha machada e unha machada co orificio do eixe de cobre ou bronce. Ademais da escavación, o estudo do illote mostrou que a maior parte da súa superficie un total de 7000 m² foi ocupada durante a Idade de Bronce, facendo deste o sitio máis grande das Cícladas. Estudos especializados de xeomorfoloxía, xeoloxía, petroloxía, petroloxía cerámica, a metalurxia e aspectos medioambientais (restos botánicos e faunísticos, fitólitos) estaban en curso. Non estaban previstos máis traballos de campo antes da publicación final do resultado das tempadas de 2006 a 2008. A publicación deste importante traballo estaba en marcha e esperábase aparecera en catro volumes en 2012 e 2013.

As actividades neste sitio fecháronse no 2750-2300 antes de Cristo, o cal precede a calquera culto dos deuses identificados no Exeo.[3]

Cultura Keros-Syros

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cultura Keros-Syros.

A cultura Keros-Syros leva o nome de dúas illas das Cícladas, Keros e Syros. Esta cultura floreceu durante o período cedo da civilización cicládicac II (ca 2700-2300 aC). Algúns dos sitios mellor conservados desta cultura atópanse en Ceos e Ios, situadas non lonxe de Keros.

Algúns dos artefactos importantes desta cultura son as chamadas tixolas, vasos circulares pouco profundos ou concos cunha base decorada. O uso de metal estendeuse durante este período.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "The Cambridge Keros Project". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2009. Consultado o 2009-01-27. 
  2. "The Keros Hoard: Some Further Discussion". Consultado o 2012-11-15. 
  3. Colin Renfrew, Michael Boyd and Christopher Bronk Ramsey, The oldest maritime sanctuary? Dating the sanctuary at Keros and the Cycladic Early Bronze Age. Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Antiquity, Vol 86:331, 2012 pp 144-160

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]