Saltar ao contido

Justin Meldal-Johnsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJustin Meldal-Johnsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Eugene, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHerbert Hoover High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor musical, compositor, guitarrista, músico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo e Jazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, guitarra e baixo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGeffen Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webjustinmj.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1334944 Allocine: 430781
Twitter: justinmj MySpace: justinmeldaljohnsen Musicbrainz: 673f2360-45c1-43d3-b0d2-cf6d798b2fdd Discogs: 293885 Allmusic: mn0000109660 Editar o valor en Wikidata

Justin Meldal-Johnsen, nado en Eugene (Oregón) o 26 de marzo de 1970, é un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo co artista alternativo Beck. Justin foi o baixista da banda ao vivo de Nine Inch Nails durante as súas últimas xiras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Meldal-Johnsen medrou escoitando os discos dos seus pais e recibiu o seu primeiro baixo aos doce anos. Despois do instituto traballou na quenda de noite como conserxe dos Cherokee Recording Studios nos Ánxeles, onde coñeceu a Gene Simmons, Lou Reed e ao arranxador David Campbell. Aos 17 anos Justin comezou a traballar como asistente de Campbell, que lle presentou ao seu fillo, Beck. Comezaron unha carreira xuntos e Justin foi o baixista e o director musical da banda de Beck dyurante unha década.

Medal-Johnsen gravou o baixo para un bo feixe de artistas: Air, Tori Amos, Garbage ou Dixie Chicks entre outros. Co-compuxo varios temas coa cantante Macy Gray, e foi o director musical de Gnarls Barkley, montando a súa banda en directo nas súas primeiras actuacións nos Estados Unidos en 2006. Justin pasou a maior parte do período de 2007 ata 2009 como baixista da banda ao vivo de Nine Inch Nails nas súas xiras Lights In The Sky e NIN|JA/Wave Goodbye. Na actualidade atópase producindo o seguinte álbum da banda dos Ánxeles Division Day.