Saltar ao contido

Adrian Belew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdrian Belew

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Covington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, compositor de cancións, produtor musical, compositor, cantante, violoncellista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoIsland Records
Caroline Records
Atlantic Records
Discipline Global Mobile (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webadrianbelew.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0067751 BNE: XX1572813 Bandcamp: adrianbelew Spotify: 67ACRXvvMXGf3zGJMefM63 Musicbrainz: 73c3f499-60e2-44e1-81dd-7fe2191461fa Songkick: 26081 Discogs: 55902 Allmusic: mn0000498577 Deezer: 65988 Genius: Adrian-belew Editar o valor en Wikidata

Robert Steven Belew, nado o 23 de decembro de 1949 en Covington, Kentucky, é un cantante, compositor, multi-instrumentista e produtor musical estadounidense. É sobre todo coñecido polo seu traballo na banda de rock progresivo King Crimson (que lidera dende 1981) e polo seu infrecuente enfoque impresionista de tocar a guitarra, que frecuentemente está relacionado con sons máis afíns aos animais e ás máquinas en vez de aos tons estándar do instrumento.

Amplamente recoñecido como un "instrumentista incriblemente versátil", Belew ten editados preto de 20 discos en solitario a través de Island Records e Atlantic Records, que mesturan un pop rock inspirado nos Beatles cun son máis experimental. O seu sinxelo de 2005 "Beat Box Guitar" foi nomeado ao Grammy pola mellor interpretación de rock instrumental. Ademais de ser membro de King Crimson, tamén tocou na banda de pop máis convencional The Bears e liderou o seu propio proxecto, Gaga, a finais dos 70 e principios dos 80. Ten traballado extensamente como músico de sesión e de xira, tocando con artistas como Talking Heads, David Bowie, Frank Zappa e Nine Inch Nails.

Belew recentemente comezou a deseñar instrumentos, colaborando con Parker Guitars para realizar o seu modelo persoal da Parker Fly. Esta guitarra é notablemente distinta á versión estándar, contendo electrónica avanzada e capacidade MIDI.