Jumanji
Jumanji | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jumanji |
Director | Joe Johnston |
Produtor | Robert W. Cort Ted Field Larry J. Franco |
Guión | Greg Taylor Jonathan Hensleigh Jim Strain |
Baseado en | Jumanji de Chris Van Allsburg |
Intérpretes | Robin Williams Kirsten Dunst David Alan Grier Adam Hann-Byrd Bonnie Hunt Jonathan Hyde Bradley Pierce Bebe Neuwirth |
Música | James Horner |
Fotografía | Thomas Ackerman |
Montaxe | Robert Dalva |
Estudio | Interscope Communications Teitler Film |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 1995 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e infantil |
Orzamento | 65 000 000 dólares[1] |
Recadación | 262 797 249 dólares |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/movies/jumanji | |
Jumanji é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que se estreou en 1995. É unha comedia-fantasía sobre un xogo de mesa sobrenatural que fai que os animais da xungla e outras criaturas se materialicen cada vez que un xogador tira os dados. Baséase no libro de ilustracións Jumanji de Chris Van Allsburg.[2] O guión é obra de Greg Taylor, Jonathan Hensleigh e Jim Strain e está protagonizado por Robin Williams, Bonnie Hunt, Kirsten Dunst, Bradley Pierce, David Alan Grier, Jonathan Hyde e Bebe Neuwirth. A historia céntrase en Alan Parrish, un rapaz que queda atrapado nun xogo de mesa mentres xogaba coa súa amiga Sarah Whittle en 1969. Vinte e seis anos despois, os irmáns Judy e Peter Shepherd atopan o xogo, comezan a xogar e sen querer liberan a Alan, agora un adulto. Despois de buscar a Sarah, os catro deciden rematar o xogo para revertir toda a destrución que causou.
O filme foi estreado o 15 de decembro de 1995. Malia a morna acollida da crítica, foi un grande éxito de recadación, conseguindo $263 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $65 millóns e converteuse no décimo filme con maior recadación de 1995. Industrial Light & Magic foi o encargado de crear os gráficos por ordenador e os animatronics para os efectos especiais.
No 2005, estreouse un filme como sucesor espiritual de Jumanji, titulado Zathura: A Space Adventure, e que tamén foi adaptado dun libro de Van Allsburg que estaba máis directamente relacionado co libro de Jumanji. Unha secuela, Jumanji: Welcome to the Jungle, foi estreada o 20 de decembro de 2017.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Alan Parrish queda atrapado durante 25 anos nun xogo de mesa máxico e moi antigo, Jumanji. Cando finalmente é liberado por dous nenos, unha manda de animais exóticos tamén é liberada. Alan deberá salvar a súa vila da destrución.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robin Williams como Alan Parrish
- Adam Hann-Byrd como xove Alan Parrish
- Bonnie Hunt como Sarah Whittle
- Laura Bell Bundy como xove Sarah Whittle
- Kirsten Dunst como Judy Shepherd
- Bradley Pierce como Peter Shepherd
- David Alan Grier como Carl Bentley
- Bebe Neuwirth como Nora Shepherd
- Jonathan Hyde como Sam Parrish/Van Pelt
- Patricia Clarkson como Carol-Anne Parrish
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jumanji na IMDb (en inglés).
- Rotten Tomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 1995
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Joe Johnston
- Filmes con bandas sonoras de James Horner
- Filmes de Interscope Communications
- Filmes de TriStar Pictures
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes rodados en Maine
- Filmes rodados en Nova Hampshire
- Filmes ambientados en 1869
- Filmes ambientados en 1969
- Filmes ambientados en 1995
- Filmes sobre orfos
- Filmes sobre irmáns
- Filmes sobre bullying
- Filmes de viaxes no tempo