Julien Ries
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1920 Fouches, Bélxica (en) |
Morte | 23 de febreiro de 2013 (92 anos) Tournai, Bélxica |
Cardeal | |
18 de febreiro de 2012 – | |
Arcebispo católico | |
11 de febreiro de 2012 – | |
Arcebispo titular | |
23 de xaneiro de 2012 – Diocese: diocese de Bellicastrum | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Belgas (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Católica de Louvain |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1945–), profesor universitario, historiador, historiador da relixión, sacerdote católico |
Consagración | Giacinto Berloco |
Premios | |
Julien Ries, nado en Fouches (Arlon) o 19 de abril de 1920, é un sacerdote, antropólogo e historiador das relixións belga creado cardeal da Igrexa Católica polo papa Bieito XVI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou de 1933 a 1939 no seminario menor de Bastogne, na diocese de Namur, completando estudos clásicos e de filosofía e de 1941 a 1945 na Facultade de Teoloxía no seminario maior de Namur e foi ordenado sacerdote o 12 de agosto de 1945 na catedral desa cidade. Continuou os seus estudos na Facultade de Teoloxía e no Instituto Orientalista da Universidade Católica de Lovaina entre 1945 e 1950, licenciándose en teoloxía (1948) e filoloxía e historia oriental (1949). Foi capelán e profesor de relixión católica no instituto de Athus (1950-1959). En 1953 conseguiu o doutoramento en teoloxía coa tese, dirixida por Lucien Cerfaux e Louis Théophile Lefort acerca da influencia dos escritos do Novo Testamento no eucoloxio maniqueo copto de Médinêt Mâdi. Titular da parroquia de Messancy (1959-1968). A partir de 1960 comezou a dar clases na Universidade de Lovaina, e xa desde 1968 como titular no Centro de Historia das Relixións ao tempo que se facía cargo da parroquia de Suarlée (Namur). En 1970 ao dividirse a universidade en dous centros segundo a lingua, Ries deu clase na universidade francófona, onde o novo reitor Édouard Massaux deu pulo os estudos sobre a historia das relixións, o que induciu a que Ries se ocupara máis da historia xeral das relixións, sen deixar o seu interese orixinario polo maniqueísmo. Entre 1979 e 1985 foi membro do Consello Pontificio para o Diálogo Interrelixioso. Foi creado cardeal diácono o 18 de febreiro de 2012[1].
Obra
[editar | editar a fonte]Estudoso da antrolopoxía da relixión baixo a súa dirección elaborouse o Trattado di antrolopogia del sacro (1989-2009), nos seus dez volumes colaboraron especialistas do mundo enteiro, coa colaboración do antropólogo estadounidense Lawrence E. Sullivan (director do Centre for the Study of World Religions na universidade Harvard[2]. Julien Ries é o pensador que fixo popular a expresión "homo religiosus" (o ser humano como ente relixioso)[3], coincidindo co paleontólogo francés Yves Coppens, o descubridor de Lucy (Australopithecus afarensis): « desde o comezo o home é un ser relixioso» [4].
Dirixiu catro coleccións de libros (Homo religiosus, Cerfaux-Lefort, Information et Enseignement, Conférences et Travaux) e é autor de máis de 680 obras, entre libros e artigos, sobre a historia das relixións, a Academia Francesa concedeulle senllos premios en 1986 e 1987[5]. As súas obras completas (opera omnia Julien Ries) están en curso de edición e ten obras traducidas a varias linguas[6]. Tamén é membro do comité de edición do Dictionnaire des Religions [7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Cardinals of the Holy Roman Church". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ (en inglés)Treatise on the Anthropology of Religion
- ↑ (en francés) UCL: Monseigneur Julien Ries créé cardinal Arquivado 27 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés)"Mankind has been religious even from the time of the Australopithecus Lucy"
- ↑ (en francés)CERF: Julien Ries
- ↑ (en italiano) Opera omnia Julien Ries
- ↑ "Ries: God’s anthropologist". lastampa.it (en inglés). 2012-02-15. Consultado o 2020-03-29.