Saltar ao contido

Judah Loew ben Bezalel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJudah Loew ben Bezalel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1520 Editar o valor en Wikidata
Poznan, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1609 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAntigo cemiterio xudeu de Praga 50°05′23″N 14°25′00″L / 50.0897981, 14.4167047 Editar o valor en Wikidata
Landesrabbiner (en) Traducir Margraviato da Morávia (pt) Traducir
1553 (Gregoriano) – 1573 (Gregoriano)
Rabino-Chefe (pt) Traducir Praga
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Praga
Poznan
Mikulov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónrabino, matemático, filósofo Editar o valor en Wikidata
AlumnosYom-Tov Lipmann Heller (en) Traducir, David Gans (pt) Traducir, Elijah Loans (en) Traducir e Shlomo Ephraim Luntschitz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBezalel ben Yehudah Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Vlastenský slovník historický (pt) Traducir
Enciclopédia Judaica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Lieb-16

Judah Loew ben Bezalel (tamén Löw, Loewe, Löwe ou Levai), nado probablemente en Poznań entre 1512 e 1526 e finado en Praga o 17 de setembro de 1609[1], coñecido entre os estudosos do xudaísmo como Maharal de Praga ou simplemente Maharal, acrónimo hebreo de "Moreinu Ha-Rav Loew" ("O noso mestre, o rabino Loew"), foi un estudoso do Talmud, místico e filósofo que, durante a maior parte da súa vida foi un líder rabino nas cidades de Mikulov en Moravia e Praga en Bohemia.

No mundo da Torá e dos estudos talmúdicos, Loew é coñecido polos seus traballos sobre filosofía e misticismo xudeus e a súa obra Gur Aryeh al HaTorah, comentario sobre os comentarios de Rashi sobre a Torá. Tamén aparece na lenda do século XIX como o creador do Golem de Praga, ser mitolóxico animado construído de arxila.

O rabino Loew está enterrado no Cemiterio Vello Xudeu de Praga en Josefov.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sinagoga Vella-Nova, en Praga, onde oficiou
Tumba no Cemiterio Vello Xudeu de Praga

Maharal naceu probablemente en Poznań, Polonia,[2] (aínda que Perels[3] sinala o lugar de nacemento erroneamente[2] en Worms), fillo do rabino Bezalel (Loew), cuxa familia tiña orixe na cidade renana de Worms. A súa data de nacemento é descoñecida, con fontes que indican 1512,[3] 1520[4] e 1526.[2][5] O seu tío Jakob ben Chajim era Reichsrabbiner ("Rabino do Imperio") do Sacro Imperio Romano e o seu irmán Chaim de Friedberg era un famoso estudoso rabínico. Non existen información documentadas de recibise educación relixiosa formal, levando os estudosos a concluír que estaba dotado dun autodidactismo extremado.[6]

A súa familia consistía na súa esposa, Pearl, seis fillas, e un fillo, Bezalel, que chegou a ser rabino en Kolín, aínda que morreu a 1600. Era adiñeirado, probablemente polo éxito nos negocios do seu pai. Aceptou un posto como rabino en 1553 como Landesrabbiner de Moravia en Mikulov (Nikolsburg), dirixindo os asuntos da comunidade, mais tamén determinando que tratado do Talmud ía ser estudado polas comunidades da provincia. Tamén revisou os estatutos comunitarios sobre a eleccón e o proceso de taxación. Aínda que se retirou de Moravia en 1588 aos 68 anos, as comunidades continuaron a consideralo unha autoridade moito despois.

Unha das súas actividades en Moravia foron as campañas contra os rumores difamatorios sobre a lexitimidade (Nadler) que se esparexían na comunidade contra certas familias e podían arruinar a procura de parellas matrimoniais para os fillos desas familias. Este fenómeno afectou mesmo a súa familia. Empregou un dos dous grandes sermóns anuais (entre Rosh Hashanah e Yom Kippur de 1583) para denunciar o fenómeno.

Volveu a Praga en 1588, onde adoptou de novo un posto rabínic, substituíndo o retirado Isaac Hayoth. Inmediatamente reiterou as súas visións sobre o Nadler. O 23 de febreiro de 1592, tivo unha reunión co emperador Rodolfo II, á que acudiu xunto co seu irmán Sinai e o seu xenro Isaac Cohen; o príncipe Bertier estaba presente co emperador. A conversa parece que estivo relacionada coa cábala, materia que fascinaba ao emperador.

En 1592, Maharal mudouse a Poznań, onde fora elixido rabino xefe de Polonia. En Poznań escribiu Netivoth Olam e parte de Derech Chaim.

Cara ao final da súa vida volveu a Praga, onde morreu en 1609. Foi soterrado no Cemiterio Vello Xudeu.

Escudo de Bohemia

O seu nome "Löw" ou "Loew", derivado do alemán Löwe, "león" (a palabra yiddish Leib ten a mesma orixe), é un kinnui ou nome substituto para o nome hebreo Judah ou Yehuda, xa que este nome, orixinariamente da tribo de Xudá, está asociado tradicionalmente cun león. No libro da Xénese, o patriarca Xacob refírese ao seu fillo Xudá como Gur Aryeh, "León Novo" (Xénese 49:9) cando o bendí.[7] Na tradición onomástica xudía, o nome hebreo e o nome substituto ás veces se combinan, como neste caso. A obra clásica de Maharal sobre o comentario de Rashi sobre a Torá chámase Gur Aryeh al HaTorah en hebreo, é dicir, "O León Novo [comentando] sobre a Torá".

A tumba de Maharal en Praga está decorada cun escudo heráldico cun león con dúas colas enlazadas, aludindo ao seu primeiro nome e a Bohemia, que ten como armas un león con dúas colas.

Liña davídica

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición xudía, a familia de Maharal descendía de forma patrilinear dos exilarcas babilonios e polo tanto da dinastía davídica.[8]

  1. Bohemia, como país católico, adoptou o calendario gregoriano en 1584. No calendario xuliano foi o 7 de setembro. A súa tumba, citada por Gal Ed, Megilas Yuchsin e outros, da como data da súa morte o xoves 18 de Elul de 5369.
  2. 2,0 2,1 2,2 ד"ר א. הכהן עובדיה Dr Avraham Hacohen Ovadia (Gotsdiner) (2001). Ha'ari Shebechachmai Prague (en hebreo). Xerusalén: Mosad Harav Kook. p. 138. OCLC 145439809. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 08 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Perels, Meir (1718). Megilas Yuchsin. Praga. OCLC 122864700. 
  4. Grün, Nathan (1885). Der hohe Rabbi Löw und sein Sagenkreis (en alemán). Praga: Verlag von Jakob B. Brandeis. OCLC 19037024. 
  5. Jeřábek, Luboš (1903). Der alte Prager Judenfriedhof (en alemán). Praga: Kunstverlag B. Koci. OCLC 1810845. 
  6. YIVO Encyclopedia - Yehudah Leib ben Betsalel.
  7. "Texto bíblico". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 08 de decembro de 2019. 
  8. See The Maharal of Prague's Descent from King David, por Chaim Freedman, publicado en Avotaynu Vol 22 No 1, Spring 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Byron L. Sherwin, Mystical Theology and Social Dissent: The Life and Works of Judah Loew of Prague (Fairleigh Dickinson University Press, 1982)
  • Rivka Schatz, "Maharal's Conception of Law- Antithesis to Natural Law" Jewish Law Annual Vol. VI.
  • Rivka Schatz, "Existence and Eschatology in the Teachings of the Maharal" Immanuel 14 (Spring 1982) 66-97; Immanuel 15 (Winter 1982-3) 62-72.
  • Moshe Zuriel "Numbers: Their meaning and Symbolism According to Maharal" [Hebrew] HaMaayan 18:3 (1978) 14-23; 18:4 (1978) 30-41, reprinted in Sefer Ozrot Gedolei Yisroel (Jerusalem:2000) volume 1, pp. 204–228.
  • Martin Buber, "The Beginning of the National Idea" On Zion: The History of an Idea. (Nova York, Schocken Books, 1973).
  • Otto Dov Kulka, "The Historical Background of the National and Educational Teachings of the Maharal of Prague" [Hebrew] Zion 50 (1985) 277-320.
  • Benjamin Gross, Netzah Yisrael (Tel Aviv: Devir, 1974)
  • Mordechai Breuer, "The Maharal of Prague's Disputation with Christians: A Reappraisal of Be'er Ha-Golah" in Tarbiz (1986) 253-260
  • Adlerstein Y. Be'er Hagolah: The Classic Defense of Rabbinic Judaism Through the Profundity of the Aggadah. Nova York, NY: Mesorah Publications, 2000. ISBN 1-57819-463-6.
  • Aharon Kleinberger, The Educational Theory of the Maharal of Prague [Hebrew] (Magnes: 1962).
  • Andre Neher, Jewish Thought and the Scientific Revolution: David Gans (1541–1613) and his times (Oxford-Nova York: Littman Library, 1986)
  • Neher, Faust et le Maharal de Prague: le Mythe et le Reel (París: Presses Universitaires de France, 1987);
  • Neher, Le Puits de l'Exil: la Theologie Dialectique du Maharal de Prague (París: A. Michel, 1996)
  • Neher, Mishnato shel ha-Maharal mi-Prague, Reʾuven Mass, c2003.
  • Gross, Benjamin, Yehi Or (Reʾuven Mass, 1995).
  • Gross, Benjamin, Netsah Yiśraʾel Tel Aviv : Devir, 1974.
  • Eliyahu Yaakov Deutsch, Shabbos Insights Of The Maharal Jerusalem: Targum, 2009.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]