Jean Simmons
Aparencia
Jean Merilyn Simmons, nada o 31 de xaneiro de 1929 en Londres e finada o 22 de xaneiro de 2010 en Santa Monica (California), foi unha actriz británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simmons comezou a súa carreira de actriz en filmes británicos realizados durante e inmediatamente despois da segunda guerra mundial, a partir de 1950 fixo a súa carreira en Hollywood. Entre as súas películas máis coñecidas están Hamlet de Laurence Olivier, Spartacus (1960) de Stanley Kubrick e O fogo e a palabra (1960) de Richard Brooks.