Jean-François Clervoy
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1958 ![]() Longeville-lès-Metz, Francia ![]() |
Educación | Prytanée National Militaire (pt) ![]() Escola Politécnica Institut supérieur de l'aéronautique et de l'espace (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, astronauta, enxeñeiro ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Corps of armament (en) ![]() ![]() |
Tempo no espazo | 28 días, 3 horas e 5 minutos ![]() |
Misión do astronauta | |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Jean-François Clervoy, nado en Longeville-les-Metz (Francia) o 19 de novembro de 1958, é un astronauta francés que formou parte das misións STS-84, STS-66 e STS-103. Pasou un total de 28,13 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clervoy é graduado pola Escola Politécnica de París en 1981 graduado pola Escola Nacional Superior da Aeronáutica e do Espazo, en Tolosa, en 1983. En 1987 gradúase como enxeñeiro de voos de proba.[1][2]
En 1983 traballou para a axencia espacial francesa, a CNES, en varios proxectos, como o do satélite SPOT de observación terrestre, o proxecto de ligazón óptica entre satélites STAR e as sondas cometarias Vega.[1][2]
Foi elixido como membro do segundo grupo de astronautas franceses en 1985. De 1987 a 1992 foi director do programa de voos parabólicos no Centro de Voos de Proba en Brétigny-sur-Orge, e deu soporte técnico ao programa Hermes de voos tripulados da ESA.[1][2]
En 1991 adestrouse no uso dos sistemas das naves Soiuz e da estación espacial Mir na Cidade das Estrelas, en Rusia, e en 1992 entrou a formar parte do corpo de astronautas da ESA no Centro Europeo de Astronautas, en Colonia, Alemaña. En agosto de 1992 foi enviado ao Centro Espacial Johnson da NASA para adestrarse como especialista de misión do transbordador espacial. Participou nas misións STS-84, STS-66 e STS-103.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2018). "Clervoy, Jean-François André" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 ESA, ed. (2019). "Jean-François Clervoy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-François Clervoy ![]() |