Tolosa, Francia
Tolosa (oc) Toulouse (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Alta Garona | ||||
Capital de | Alta Garona Arrondissement de Toulouse (pt) canton of Toulouse-12 (en) canton of Toulouse-15 (en) canton of Toulouse-13 (en) Languedoc canton of Toulouse-14 (en) Condado de Tolosa Reino visigodo de Tolosa (418–507) Reino Visigodo (418–725) Mediodía-Pireneos (1972–2015) canton of Toulouse-5 (en) (2015–) canton of Toulouse-3 (en) (2015–) canton of Toulouse-6 (en) (2015–) canton of Toulouse-9 (en) (2015–) canton of Toulouse-8 (en) (2015–) canton of Toulouse-4 (en) (2015–) canton of Toulouse-10 (en) (2015–) canton of Toulouse-2 (en) (2015–) canton of Toulouse-7 (en) (2015–) canton of Toulouse-11 (en) (2015–) canton of Toulouse-1 (en) (2015–) Occitania (2016–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 504.078 (2021) (4.261,01 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921871 Q3551171 | ||||
Superficie | 118,3 km² | ||||
Bañado por | Río Garona | ||||
Altitude | 156 m-115 m-263 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jean-Luc Moudenc (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 31000, 31100, 31200, 31300, 31400 e 31500 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Xamena Chongqing Atlanta Stavanger Lagos, Nixeria Ramala Düsseldorf Bristol Elx Buenos Aires Tel Aviv (1958–) Kíiv (1975–) | ||||
Páxina web | metropole.toulouse.fr | ||||
Tolosa[1][2] (en francés: Toulouse, [tu.luz] (AFI), escoitar; en occitano: Tolosa, [tu'luːzɔ] (AFI)), tamén coñecida como Tolosa de Linguadoc, é unha comuna francesa capital do departamento de Alta Garona, da rexión do Mediodía-Pireneos, capital histórica do Languedoc, e considerada por unha corrente como a capital da Occitania. É chamada a Cidade Rosa, pola cor que domina nos edificios antigos, feitos de ladrillo. É a capital da industria aeroespacial europea, xa que aquí radican os despachos e fábricas centrais da compañía Airbus.
Superficie e poboación
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 118,3 km2 e unha poboación en 2010 de 441.802 habitantes (chamados tolosanos), que a converten na cuarta máis poboada de Francia logo de París, Marsella e Lión. A aglomeración ou unidade urbana (formada por 73 comunas), con 871.961 habitantes en 2010, é a sexta máis poboada de Francia, por detrás das tres anteriores, Lille e Niza, e por diante de Bordeos. Finalmente, a área metropolitana tiña 1.218.166 habitantes ese mesmo ano de 2010, sendo a terceira máis populosa de Francia logo das mesmas tres que a preceden como comuna. Dentro da Unión Europea é a 41º aglomeración urbana.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]A cidade atópase entre os vales fluviais do Alto Garona e do río Ariege. Tolosa comunica o mar Mediterráneo co interior de Francia e co Atlántico, grazas ó canle do Midi. Así, xa no século XVII, o transporte de mercadorías entre Tolosa e Bordeos era habitual por medio de embarcacións de vapor. Mais a chegada do tren a mediados do século XIX rematou con esta actividade.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]A historia da cidade remóntase a un poboado ibérico existente a uns quilómetros da actual localización da cidade. Este poboado foi ocupado polos celtas no século IV a.c. e posteriormente polos romanos no 120 a.c. Os romanos converteron a vila nun importante centro comercial e cultural dependente da Gallia Narbonensis[3]. Sendo no século III d.c. a terceira cidade en importante da Galia[3]. Posteriormente foi ocupado por visigodos e logo polos francos. Os árabes estiveron a piques de entrar na cidade mais foron repelidos no ano 721 por Eudes de Aquitánia[3].
Idade Media
[editar | editar a fonte]Despois de Carlomagno, os condes que gobernaban a cidade distanciáronse da corte real. E dos séculos IX ó XII, a cidade acadou a súa época de maior esplendor, coincidindo coa expansión da poesía trobadoresca[3]. Daquela a cidade era administrada polos condes tolosanos conxuntamente cos concellos civís, formados estes por burgueses e comerciantes. Durante o século XIII a cidade sufriu diversos ataques e sitios, ben durante a cruzada albixense, ben na cruzada contra o catarismo[3]. Cidade cunha importante mestura relixiosa, foi centro de conflitos e tensións entre as autoridades da cidade e os papas de Roma[3]. Finalmente o 12 de abril do 1229, o último conde de Tolosa, Raimón VII, xurou o Tratado de Meaux polo cal o condado pasaria a ser controlado pola coroa francesa. Sendo a figura do conde puramente representativa. Posteriormente a filla de Raimón VII, dona Xoana, morre sen deixar descendencia masculina, confirmándose a desaparición definitiva do condado[3].
Nos séculos posteriores, a cidade alternou épocas de relativo esplendor con outras de depresión económica e demográfica. No século XV desenrolouse o comercio do pastel ou tintura azul, de grande importancia na industria téxtil[3]. Grazas a recuperación económica, a cidade foi designada coma sede do parlamento rexional dos estados do Languedoc. Mais á chegada a Europa no 1560 do índigo, tintura que proviña das Indias e o estalido das guerras de relixión volveran a afundir a cidade[3].
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Os séculos XIX e XX foron anos de expansión. Primeiro a chegada do ferrocarril e de poboación rural excedentaria provocaron o impulso económico da cidade. Mais foi no século XX, coas guerras mundiais, cando Tolosa acada o seu status actual. Por unha banda durante a primeira guerra mundial, debido á lonxanía da cidade da fronte de guerra, o goberno francés instala diversas fábricas de armamento, algunhas delas de avións[3]. No período de entreguerras a importancia da industria aeronáutica consolídase, quedando para a historia nomes e fitos salientábeis, tales coma os pilotos Didier Daurat, Latévère ou Mermoz[3]; ou o primeiro voo no 1918 entre Tolosa e Barcelona ou no 1919 o primeiro voo entre a cidade e Marrocos, con Antoine de Saint-Exupéry, coma piloto[3].
Trala segunda guerra mundial, a cidade aproveitouse da súa tradición aeronáutica para a implantación de novas industrias asociadas, espaciais e tamén químicas[3].
Educación
[editar | editar a fonte]- École nationale de l'aviation civile
- Institut polytechnique des sciences avancées
- Toulouse Business School
- Toulouse School of Economics
- Universidade Federal Tolosa Mediodía-Pireneos
Símbolos
[editar | editar a fonte]Un dos símbolos da cidade é a violeta. Esta flor chegou a Tolosa no século XIX, procedente de Parma, por medio dos soldados que retornaban das guerras napoleónicas. Axiña acadou gran sona entre floristas e reposteiros. Dende entón, esta flor fíxose simbólica, dando lugar a un floreciente comercio. A flor é cultivada sobre todo ó norte da cidade, entre maio e xuño. Sendo recolectada entre outubro e marzo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolosano.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed. Francia, País Cátaro. ISBN 978-84-7584-591-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tolosa, Francia |