Saltar ao contido

Inkscape

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inkscape


Tipoeditor de gráficos vectoriais e software libre e de código aberto Editar o valor en Wikidata
Epónimotinta chinesa e paisaxe Editar o valor en Wikidata
Parte deSoftware Freedom Conservancy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Usoimaging (en) Traducir, debuxo e imaging (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaGNU General Public License, version 3.0 or later (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Baseado enSodipodi Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoLinux, Microsoft Windows, macOS, Unix-like e multiplataforma Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC++ e C Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación2003 Editar o valor en Wikidata
Creación11 de novembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
2 de novembro de 2003ciclo de desenvolvemento v. 0.35
9 de febreiro de 2005ciclo de desenvolvemento v. 0.41
25 de xullo de 2005ciclo de desenvolvemento v. 0.42
29 de novembro de 2004ciclo de desenvolvemento v. 0.40
16 de xullo de 2004ciclo de desenvolvemento v. 0.39
9 de abril de 2004ciclo de desenvolvemento v. 0.38.1
11 de febreiro de 2004ciclo de desenvolvemento v. 0.37
ciclo de desenvolvemento v. 0.36
1 de maio de 2020ciclo de desenvolvemento v. 1.0
2003 bifurcação (pt) Traducir  Sodipodi Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aTed Gould (pt) Traducir, Bryce Harrington (pt) Traducir, Nathan Hurst (en) Traducir e MenTaLguY (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorBulia Byak (en) Traducir, Johan B. C. Engelen (en) Traducir e Peter Moulder (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ColecciónSocial Sciences and Humanities Open Marketplace (en) Traducir e Text Analysis Portal for Research (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBinkscape.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: Inkscape.org Twitter: inkscape Instagram: inkscapeofficial Editar o valor en Wikidata
Repositoriogitlab.com…, cvs.sourceforge.net…, launchpad.net…, inkscape.svn.sourceforge.net… e sourceforge.net… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.

As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos etc.

A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.

Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.

Inkscape ten un bo soporte multilingüe particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre e gratuíto.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Inkscape ten un contorno de traballo similar a outros programas de deseño gráfico. Menús de texto e iconas, paletas de ferramentas e cores, traballo con formas complexas e capacidade de adaptar o programa ao tipo de deseño que se estea a facer. Ten moitas ferramentas similares a Adobe Illustrator, mesa de traballo, capas, paletas de cores, uso de medidas en mm e pixels, posibilidade de empregar modelos e converter deseños existentes en diversos formatos, etc. A máis inclúe as posibilidades dun editor XML de xeito que pode verse o código que xera o programa ao ser tratados os trazos e modificar o código xerado no editor de texto. O programa permite abrir e exportar os ficheiros en máis de vinte formatos, incluído o nativo de Adobe Illustrator.

Formatos de ficheiros

[editar | editar a fonte]
  • Importación: SVG, SVGZ, CGM, EMF, DXF, EPS, PostScript, PDF, AI (9.0 e superiores), CorelDRAW, Dia, Sketch, PNG, TIFF, JPEG, XPM, GIF, BMP, WMF, WPG, GGR, ANI, ICO, CUR, PCX, PNM, RAS[en], TGA, WBMP, XBM, XPM.
  • Exportación: PNG, SVG, EPS, PostScript, PDF 1.4 (e superior), Dia, AI, Sketch, POV-Ray, LaTeX, OpenDocument Draw, GPL, EMF, POV, DXF.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]